Festa da Familia 2024

🎉 𝗔 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗙𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮 𝘃𝗼𝗹𝘃𝗲 𝗼 𝟐𝟏 𝗱𝗲 𝘅𝘂𝗹𝗹𝗼 á Devesa da Lúa, na Carballeira de Berdeogas, na que será a súa vixésimo segunda edición.
Haberá unha pulpeira na que se poderán mercar diversas racións: polbo á feira, churrasco, criollos,...
‼️No concello non se dispensarán tíckets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA. Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, antes do día 17 de xullo.
Actuacións musicais das orquestras Gran Parada e Principal, da charanga O Rumbo e do grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela.
