Ir o contido principal

Festa da Familia de Dumbría 2019

Festa da Familia de Dumbría 2019

Fecha:

01 / 07 / 2019

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

carballeira de Berdeogas
Dumbría
festa da familia

Estimadas veciñas e veciños:


Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os
manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a
xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran
FESTA DA FAMILIA.


Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de
Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría
e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa
coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é
benvido e onde nos encanta compartir o espírito festivo e
alegre que temos en Dumbría.


Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar da
nosa festa máis querida, e aqueles que nos visiten por
primeira vez agardámolos co corazón nas mans.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.


PROGRAMA

12:30 h Misa ao aire libre.
SESIÓN VERMÚ. Orquestra “NUEVA FUERZA”
XOGOS INFANTÍS
XANTAR NA CARBALLEIRA:
Empanada, churrasco, pan e viño.

ACTUACIÓNS

Monólogo de MARCOS PEREIRO - “Como ser armario empotrado”.

Coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Xacobeo 21.

Pandereteiras da Asoc. As Neves de Buxantes
GAITEIROS DE BUXANTES”
Grupo de Gaitas MAZARICOS
Fin de festa coas Orquestras: “FINISTERRE” e “NUEVA FUERZA”


"Poderanse adquirir os tíckets para a comida e reservar
mesa nas oficinas municipais, antes do día 18 de xullo
".

Díptico PDF: