FESTA FIN DE CURSO

O martes, 26 de xuño, levarase a cabo unha festa fin de curso para os nenos e nenas para despedir as actividades municipais.
Terá lugar na praia de Ézaro (se chovese, as actividades trasladaríanse ás instalacións do Conco)
Haberá xogos na praia e contaremos coa actuación do MAGO BENXAMÍN, que representará a súa obra Magic.
Haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.
O concello farase cargo da comida dos participantes.
Para asistir, é preciso entregar unha autorización nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 21 de xuño.