I XORNADAS DE TEATRO: DUMBRÍA A ESCENA

Do 22 ó 31 de agosto en OLVEIRA ábrese o telón do gran espectáculo da Costa da Morte; as primeiras xornadas de teatro “Dumbría a escena”, con monólogos, funcións infantís (os sábados pola mañá) e o mellor teatro. Tamén haberá obradoiros de clown e de malabares (os sábados).
Ven gozar cos máis grandes: Touriñán, Mofa e Befa, Talía Teatro, Abracadabra, O Aturuxo de Melpómene, Fanfarra, ...e outros artistas que te farán vivir o máxico mundo da farándula.
OLLO!
O aforo é limitado.
As taquillas abrirán 1 hora antes da función. Entrada gratuíta

PROGRAMACIÓN:
Venres, 22 de agosto, 21:30 h.: Manolo Lojo. X.A. TOURIÑÁN. Monólogo. Público adulto.
Sábado, 23 de agosto:
- ás 11:00 e ás 17:00 h: TALLER DE INICIACIÓN Ó CLOWN PARA NENOS/AS
- 12:00 h.: A Biblioteca dos Libros Perdidos. FANFARRA TÍTERES. Público infantil/familiar.
- 21:30 h.: As do Peixe. ABRAPALABRA. Teatro-Comedia. Público adulto
Venres, 29 de agosto, 21:30 h.: Cociña Económica. MOFA E BEFA. Público adulto
Sábado, 30 de agosto:
- ás 11:00 e ás 17:00 h: TALLER DE CONSTRUCIÓN E INICIACIÓN ÓS MALABARES.
- 12:00 h.: Xango. TALÍA TEATRO. Público de 7 a 14 anos.
- 21:30 h.: Demolición. TALÍA TEATRO. Público adulto.
Se es un amante do teatro, ven a OLVEIRA!
Dumbría co teatro.