I Xornadas de Teatro: DUMBRÍA A ESCENA. 22, 23 e 24 agosto

Abrimos o telón destas primeiras xornadas de teatro "Dumbría a escena" o
venres 22, ás 21.30h, coa actuación de Xosé A. TOURIÑÁN,
que nos visita como Manolo Lojo.

Pasou pola pequena pantalla participando en Air Galicia, Era Visto!, Luar ou Tourilandia, programa este último no que exerceu como presentador e director. Había tempo que Xosé A. Touriñán (Culleredo, 1980) non pisaba os bares e teatros do país cun espectáculo de monólogos, actuacións como Mucha (das Cantareiras de Ardebullo) á parte.
Aínda que inmerso no proxecto televisivo de Ardebullo, o da Casa da Conexa, Touriñán atopa agora un bo momento para retomar unha das facetas coa que máis goza, como monologuista e en contacto directo co público.
O sábado 23, maratoniana xornada teatreira:
O domingo 24, ás 21:30 h pechamos a primeira fin de semana coa actuación do ATURUXO DE MELPÓMENE, que trae ás táboas dumbriesas A ratoeira.
"A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e pacífico, pon as cousas difíciles... ou moi doadas".
Dirixida por Mónica Caamaño. Protagonizada por Chus Olivares, Juan González, Óscar Manso, Gena Hernández, José Manuel Felpeto, Yoli Lozano, María Veiga e Óscar Rodríguez. Técnica Ana Loredo
venres 22, ás 21.30h, coa actuación de Xosé A. TOURIÑÁN,
que nos visita como Manolo Lojo.

Pasou pola pequena pantalla participando en Air Galicia, Era Visto!, Luar ou Tourilandia, programa este último no que exerceu como presentador e director. Había tempo que Xosé A. Touriñán (Culleredo, 1980) non pisaba os bares e teatros do país cun espectáculo de monólogos, actuacións como Mucha (das Cantareiras de Ardebullo) á parte.
Aínda que inmerso no proxecto televisivo de Ardebullo, o da Casa da Conexa, Touriñán atopa agora un bo momento para retomar unha das facetas coa que máis goza, como monologuista e en contacto directo co público.
Faino como Manolo Lojo, un home con moita vida ás súas costas e como consecuencia, con moito que contar.
Como argumento principal, unha decisión tomada por parte do protagonista: o suicidio logo dunha vida que, de primeiras semella desgrazada para o público, e coa que logo este non fai máis que rir. Polo medio, unha eternidade de anécdotas e historias que, por suposto en galego, Manolo conta con todo tipo de detalles.
Como argumento principal, unha decisión tomada por parte do protagonista: o suicidio logo dunha vida que, de primeiras semella desgrazada para o público, e coa que logo este non fai máis que rir. Polo medio, unha eternidade de anécdotas e historias que, por suposto en galego, Manolo conta con todo tipo de detalles.
O sábado 23, maratoniana xornada teatreira:
- Obradoiro infantil de INICIACIÓN AO CLOWN. Haberá dúas sesións, a primeira delas de 11:00 a 12:30 h. e, xa pola tarde, reanudamos a actividade de 17:00 a 19:00 h.
- Ás 12:30h. FANFARRA TÍTERES achéganos á Biblioteca dos Libros
Perdidos.
Glon entra como novo aprendiz a cargo de Flora, a veterana axudante de biblioteca. Ela móstralle tódolos segredos sobre os libros perdidos, aqueles que pola falta de interese da xente pola súa lectura están en perigo de perdérense para sempre. O vello Gofken é o gran mestre bibliotecario que coñece cada historia de cada un dos libros que habitan nas bibliotecas de todo o mundo. Glon e Flora recuperan libros que despois Gofken converte en historias visibles para o resto do público. Este é o caso da historia que nos ocupa: “ A modernidade chega á aldea”. Todo un repertorio de títeres de mesa e sombras chinesas interpretan esta entretida historia sobre a modernidade destrutiva que moitas veces esquece a beleza do que sempre foi da xente, o amor pola natureza.
- Ás 21:30h. ABRAPALABRA achéganos As do peixe
AS DO PEIXE son catro actrices que, encarnando catro mulleres concretas, representan miles de anónimas traballadoras: as súas humildes historias, as súas vidas comúns, as súas íntimas arelas, os seus modestos soños, as súas pequenas frustracións. A súa memoria colectiva.
AS DO PEIXE é un espectáculo sentido, bulideiro, divertido, intenso, directo, reflexivo, fresco, eivindicativo... porque así eran aquelas mulleres.
Autor: Cándido Pazó. Dirección: Cristina Domínguez Da Pena. Elenco artístico: Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.
O domingo 24, ás 21:30 h pechamos a primeira fin de semana coa actuación do ATURUXO DE MELPÓMENE, que trae ás táboas dumbriesas A ratoeira.
"A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e pacífico, pon as cousas difíciles... ou moi doadas".
Se es un amante do teatro, ven a OLVEIRA!
Dumbría co teatro.