Ir o contido principal

A Lenda do Vakner o monstro que devoraba peregrinos

Miniatura Noticia

Fecha:

08 / 08 / 2018

Categorías:

Etiquetas:

Dumbría
historia
lendas
leyenda
peregrinos
vakner





No século XV un peregrino armenio, o bispo Mártir de Arzendjan, escribe a crónica “Relación dunha viaxe a Europa coa peregrinación a Santiago de Compostela”, onde relata as impresións e acontecementos da viaxe que realizou polo continente entre 1489 e 1496, chegando ata Fisterra. No devandito manuscrito describe o encontro cun ser, chamado Vakner, cuxo nome e natureza se ven envolvidos no misterio:

“Recibín a bendición de Santiago, púxenme en camiño e cheguei a extremidade do mundo, á praia da Santa Virxe, a un edificio que foi construído pola propia man do apóstolo San Pablo e que os francos chaman Santa María de Fisterra. Padecín moitos traballos e fatigas nesta viaxe, no cal topei con gran cantidade de bestas moi perigosas. Encontramos o vakner, animal grande e moi daniño.”


Esta terrible criatura habitaba nos Montes de Buxantes, a pé do Petroglifo de Pedra Ancha, no Concello de Dumbría
. Non resulta tan estraña dentro do acervo popular de estas terras, xa que evidencia un insólito parecido cunha das bestas mais temidas do imaxinario galego, o “lobishome”, monstro mestura de lobo e humano nacido do temor ancestral das xentes campesiñas de este animal.

O Vakner, como o “lobishome” , axexa a soidade dos bosques e camiños, e a súa forza física e desmedida ferocidade provocan o pánico nos habitantes das aldeas.

En certas linguas europeas, onde a figura do home lobo tamén está presente na cultura popular, a etimoloxía do termo “Vakner” e o seu significado resultan esclarecedores.