Ir o contido principal

Ler Conta Moito 2020

Ler Conta Moito 2020

Fecha:

13 / 10 / 2020

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

actividades culturais
animación á lectura
biblioteca
bibliotecas
cultura
ler conta moito

As bibliotecas do Concello de Dumbría acolleron ao longo deste último mes varias actividades de animación enmarcadas no Programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo, e dirixido á dinamización das bibliotecas pertencentes á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Debido á excepcional situación que estamos vivindo a causa da COVID-19, as condicións nas que se desenvolveron foron ben distintas ao que estamos acostumados. Máscara, distancia social, ...

Por isto, temos que agradecer a todos os/as profesionais que visitaron as nosas bibliotecas e moi especialmente que nos permitisen a retransmisión en directo das súas actuacións a través das redes sociais do Concello. Os directos en Facebook e Instagram tiveron moito seguimento por parte da veciñanza.

Na ALM de Berdeogas, estiveron o Mago Teto, xunto con 4500 anos da incrible historia da Maxia, e Brais das Hortas, que nos achegou uns Contos para caghar patatillas.

Na BPM do Ézaro, os encargados de animar as tardes foron o Mago Pedro Bugarín, con Nova maxia para todxs, e Pavís Pavós, que nos achegaron as Historias da Marquesa.

En Olveira, pasaron pola ALM o Mago Albert, que ten moito conto, e Pinconús Teatro, que nos achegou á biblioteca de Don Basilio.

Na ALM de Buxantes, Pedro Brandariz achegounos moitos Contos de Michos, e Larraitz Urrusola fíxonos partícipes da súa Festa dos monicreques.

Tamén en Dumbría se levaron a cabo actividades ben entretidas. Co Ilusionista Mago Marco aprendemos Maxia. Coñecemos os Ovos de Conto, da man de Pedras. Artesanía e Patrimonio. E tamén nos adentramos no mundo da stop-motion da man de Minia, de Gargallando.

#Dumbría #BibliotecasdeDumbría #lercontamoito #bibliotecas #DumbríaéCultura