Ler en electrónico: plataformas de uso gratuito.

Quen non precisa un bo libro para evadirse, divertirse e respirar?.
Aparte dos libros físicos, dende a Biblioteca podes ter acceso tamén aos libros dixitais. Son de balde, e non é preciso ir á biblioteca para que podas lelos.
O mes de Abril é o mes dos libros, e imos dedicar varias entradas do blogue a falar de este tema que tanto nos gusta. Queremos neste post presentarche as plataformas de préstamo de libros electrónicos dispoñibles para calquera persoa.
- A plataforma GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato electrónico compatible con todos os dispositivos móviles e en diferentes temáticas, e respondendo a diferentes idades e intereses, facendo posible a lectura de libros electrónicos a través de internet. A plataforma ademáis ofrece dúas opcións de acceso, un acceso para os libros en galego e outro para os libros editados en castelán



2. Outra opción de préstamo de libro electrónico da que dispoñedes é a chamada eBook Dicoruña, a plataforma de préstamo de libros electrónicos que a Deputación da Coruña pon en servizo, para todos os usuarios das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS da provincia. Posibilita o préstamo temporal e gratuíto das principais novidades editoriais en formato dixital. Queres saber que tés que facer para poder descargar libros e desfrutar da mellor literatura no teu dispositivo electrónico? Pois é moi doado!
- Ser usuario rexistrado na Biblioteca.
- Contar cun dispositivo compatible e unha conta de correo electrónico.
- Solicitar a inscrición acudindo á biblioteca na que esteas inscrito e facilitando o teu nome e apelidos e o teu enderezo de correo electrónico.
- Unha vez inscrito recibirás unha mensaxe de correo electrónico para establecer o teu contrasinal e, a partir dese instante, poderás gozar da totalidade dos servizos que ofrece o préstamo dixital.
- Para ler os ebooks, soamente precisas un smartphone ou tablet dos sistemas Apple ou Android. Poderás descargar a aplicación gratuíta de lectura eBook Dicoruna e os ebooks estarán automaticamente dispoñibles na túa biblioteca, sen necesidade de transferilos.Para tomar libros en préstamo, debes visitar a páxina http://ebook.dicoruna.es, ou GaliciaLe, onde poderás consultar o catálogo completo de e a continuación iniciar sesión. Unha vez dentro podes procurar no catálogo por título, autor ou materia, e ao pulsar o botón “Tomar en préstamo” que aparece xunto aos ebooks que sexan do teu interese, estes quedarán automaticamente emprestados ao teu nome e estarán á túa disposición durante un total de 21 días. Se o ebook do teu interese xa está emprestado a outro lector, poderás reservalo. Cando o libro estea dispoñible para ti, recibirás unha mensaxe de correo electrónico de cun enlace para activar o préstamo.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous ebooks simultaneamente e reservar outros dous.
Tamén é posible ler os teus ebooks en préstamo directa e comodamente a través do navegador do teu ordenador persoal ou do navegador doutros dispositivos. Para iso, só é necesario iniciar sesión en http://ebook.dicoruna.es e na pestaña “Meus libros” do espazo “A miña conta” pulsar sobre o botón “Ler” que aparece xunto a cada un dos ebooks en préstamo.

Se o prefires, poderás descargar os ebooks ao teu ordenador persoal (PC ou Mac) e lelos nel a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID, ou ben transferilos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM (tablets, smartphones, eReaders, etc.) tamén a través da aplicación gratuíta Adobe Digital Editions e unha conta Adobe ID. Poderás acceder, descargar ou transferir os teus ebooks ata en seis dispositivos distintos usando a mesma conta Adobe ID.
Xa sabedes, aghegádevos ás nosas biblios e nos deixedes de ler, as túas lecturas electrónicas a tan só un clic!E se aínda che queda algunha dúbida, aquí tés un breve vídeo explicativo no que podes utilizar a plataforma de GaliciaLe.