Ler en galego: Letras Galegas 2014

O Día das Letras Galegas deste ano 2014 está adicado á figura do poeta Xosé María Díaz Castro, coincidindo cos 100 anos do nacemento do autor.
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saiu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa. En 1948, tras licenciarse en Filoloxía e Letras, trasládase a Madrid, onde alternou a docencia coa tradución.
Entre as obras realizadas destaca Nimbos, a súa obra máis importante, que sae á luz en 1961. Tédela dipoñible na Axencia de Lectura de Berdeogas e na Biblioteca Municipal no Ézaro
O seu poema Penélope foi traducido ó francés na antoloxía Terre d´Espagne, de Francoise Pechère, e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemá "Humbolt".
En 1946 gaña os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
A Xunta ofrece material e recursos sobre o autor e máis:
1. Unha guía didáctica de actividades para os colexios
2.Marcapáxinas para os libros
Dende o Concello de Dumbría sumámonos á celebración das Letras Galegas 2014 coas seguintes actividades:
- Desde a Biblioteca Pública de Dumbría queremos impulsar entre os nosos usuarios as lecturas na nosa lingua e elaboramos unha pequena guía de lecturas en galego:
- Exposición sobre o homenaxeado no Conco: vida e obra en 10 ilustracións que amosa a traxectoria do homenaxeado Xosé María Díaz Castro.
- Obradoiro infantil en Olveira. Nesta biblioteca levaremos a cabo un taller de letras cos máis pequenos o día 16 pola tarde.
Bo día das Letras Galegas!

Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014 from Ayuntamiento de Dumbría / Concello de Dumbría