Letras Galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde


Viñeron celebrar con nós o día das Letras Galegas.
Contamos o conto dos tres porquiños, cantamos a canción do Lobo e pasamos unha mañá moi animada.
Para rematar a xornada, todos/as fixemos o noso carné da biblioteca para poder levar libros para as nosas casas.
Xa sabedes que o trasniño do Conco está desexando vervos de novo, así que, volvede moi pronto amigos e amigas!
Na biblioteca de Conco podedes visitar a exposición sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.
Tamén podedes consultar no catálogo das bibliotecas de Dumbría as obras del que temos.
Por que o 17 de maio?
O 20 de marzo de 1963 Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da RAG, propuxeron nesta institución que se declarase o 17 de maio de cada ano o “Día das Letras Galegas” como data para recoller o latexo material da actividade intelectual galega.
Ese ano celebrábase o centenario da publicación de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, considerada a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea.
Propúxose o 17 de maio, ao ignorarse a data de publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía llo dedicou ao poeta Fernán Caballero.
A Real Academia Galega, na súa sesión plenaria do 5 de xullo de 2014, acordou adicar o Día das Letras Galegas de 2015 a Xosé Filgueira Valverde (1906–1996) pola súa extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX.
Xosé Filgueira Valverde
(1906 – 1996)
Por que Xosé Filgueira Valverde?
Porque foi un investigador, escritor e xestor cultural que contribuíu á comprensión do que foi, e pode ser Galicia. Figura controvertida e, ao mesmo tempo, firmemente comprometida na defensa e promoción da nosa cultura, que nos deixou un dos legados intelectuais máis importantes da segunda metade do século XX.
Ademais da súa extensísima obra, Xosé Filgueira participou na creación e impulso dalgunhas das empresas culturais máis relevantes da Galicia do seu tempo, tales como o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra (do que foi director), o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (do que foi presidente), a Editorial Bibliófilos Gallegos, o Consello de Cultura Galega (do que tamén foi presidente), ou o Seminario de Estudos Galegos.
Tamén foi recoñecido con premios como a Cruz de Honra de San Raimundo de Pañafort, a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, a Medalla de Ouro da Cidade de Pontevedra, o Premio da Deputación da Coruña , a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, a Medalla Castelao, o Premio Otero Pedrayo, o Premio Fernández-Latorre, ou o Premio Trasalbada Fundación Otero Pedrayo. Foi nomeado Galego Egrexio pola Fundación Premios da Crítica, Doutor Honoris Causa polas universidades de Santiago de Compostela e Vigo, foille outorgado o Premio Nacional de Historia de Españae foi membro da Real Academia Galega.
Días despois do seu pasamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia pasou a denominarse Centro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Fernando Filgueira Valverde, e en 2007 foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra. Ao que engadimos, a partir deste ano, ser homenaxeado o Día das Letras Galegas.
Días despois do seu pasamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia pasou a denominarse Centro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Fernando Filgueira Valverde, e en 2007 foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra. Ao que engadimos, a partir deste ano, ser homenaxeado o Día das Letras Galegas.
Quen é Xosé Filgueira Valverde?
Xosé Filgueira, fillo de José María Filgueira Martínez e Araceli Valverde Yaquero, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906.
Estudou bacharelato na súa cidade natal, e cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario en 1927. Tamén comezaría nesta universidade, a carreira de Filosofía e Letras, que remataría na Universidade de Zaragoza en 1936, e na que acadaría o grao de Doutor. No ano 1959 completaría os seus estudos académicos cun diploma en Psicoloxía, tamén na USC.
Comeza a súa traxectoria como docente no ano 1928, como axudante interino da Sección de Letras, no Instituto de Ensino de Pontevedra. No ano 35 gaña por oposición a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituo Jaime Balmes de Barcelona, dende o que, pasando polo de Melilla, chega ao de Lugo, onde toma posesión da praza o 8 de novembro dese mesmo ano. É aquí, onde coñece a María Teresa Iglesias de Oscáriz, coa que casa o 15 de agosto de 1938, e con quen tería 5 fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles. En 1940 acada praza no instituto de Pontevedra que se chamaría Instituto Sánchez Cantón do que será director dende 1946 ata a súa xubilación en 1976.
Ao longo da súa vida, Xosé Filgueira, participou na creación ou potenciación de moitas institucións de grande importancia no panorama cultural do seu tempo como: O Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos ou o Consello de Cultura Galega.
No tocante á súa faceta política, mencionar que sempre participou do galeguismo, sendo membro do Partido Galeguista de mozo, e con posterioridade da Dereita Galeguista. Ocupou cargos públicos, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra, alcalde de Pontevedra, procurador en Cortes e conselleiro provincial de Belas Artes. Foi nomeado conselleiro adxunto ao presidente para a Cultura, e conselleiro de Cultura. Tamén, foi presidente do Consello da Cultura Galega, e xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.
Ademais de todo isto, cabe sinalar que recibiu varios premios e condecoracións, e que foi membro da Real Academia Galega, así como da Real Academia da Lingua.
A piques de cumprir os 90 anos, o 13 de setembro de 1996, falece na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra.
Con qué obras conta?
Filgueira Valverde foi autor dunha copiosísima produción, máis de 4.500 entradas bibliográficas entre libros, folletos, artigos, cursos e conferencias, en galego e en castelán, que abranguen unha ampla variedade de temas relacionados, moitos deles, coa investigación da historia e a cultura de Galicia.
Traballa ó redor de certos eixos temáticos recorrentes nos seus escritos, como as cidades de Pontevedra e Compostela, a música, a pintura e a arte galegas, a nosa lírica medieval e a esculca da obra de autores como Martín Sarmiento, Rosalía ou Castelao. Non é doado destacar unha soa publicación, pero por nomear polo menos unha, mencionaremos “Adral”, compilación de artigos en 9 volumes, que segundo X. Ferro Ruibal constitúen unha verdadeira “enciclopedia galeguizadora”.
· A Eirexa pre-románica de Francelos
· A Paisaxe no Cancioneiro da Vaticana
· A poesía medieval galego-portuguesa fora dos seus lindeiros: conferencia pronunciada no Auditorio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo
· A vida do beato Aparicio nas "estampas" de Pietro Bombelli (1789)
· Adral
· Agromar: farsa pra rapaces
· Álvaro Cunqueiro
· Antón Losada Diéguez
· Armando Cotarelo Valledor: 1879-1950
· Arredor do libro: artigos de bibliofilia
· Baldaquinos galegos
· Camões: comemoração do Centenário de "Os Lusíadas"
· Cancioneiriño de Compostela
· Cancioneiriño novo de Compostela
· Castelao e os estudos galegos
· Comentarios de textos contemporáneos
· Con Otero Pedrayo
· Da épica na Galicia medieval: Discurso de ingreso de Xosé Filgueira Valverde na Real Academia Gallega e resposta de Ramón Otero Pedrayo
· Estudios sobre lírica medieva: traballos dispersos (1925-1987)
· Francisca Herrera Garrido no arquivo do museo
· Frei Martín Sarmiento (1695-1772)
· Galicia: magos, soldados e viaxeiros
· Guía dos fondos do arquivo do museo de Pontevedra
· II Adral
· III Adral
· IV Adral. Castelao na lembranza
· IX Adral
· O Himno galego: da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os pinos" de Veiga e Pondal
· O Vigario: ensaio simbólico, orixinal e inédito
· Os nenos
· Quintana viva
· V Adral
· VI Adral
· VII Adral
· VIII Adral
· A Paisaxe no Cancioneiro da Vaticana
· A poesía medieval galego-portuguesa fora dos seus lindeiros: conferencia pronunciada no Auditorio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo
· A vida do beato Aparicio nas "estampas" de Pietro Bombelli (1789)
· Adral
· Agromar: farsa pra rapaces
· Álvaro Cunqueiro
· Antón Losada Diéguez
· Armando Cotarelo Valledor: 1879-1950
· Arredor do libro: artigos de bibliofilia
· Baldaquinos galegos
· Camões: comemoração do Centenário de "Os Lusíadas"
· Cancioneiriño de Compostela
· Cancioneiriño novo de Compostela
· Castelao e os estudos galegos
· Comentarios de textos contemporáneos
· Con Otero Pedrayo
· Da épica na Galicia medieval: Discurso de ingreso de Xosé Filgueira Valverde na Real Academia Gallega e resposta de Ramón Otero Pedrayo
· Estudios sobre lírica medieva: traballos dispersos (1925-1987)
· Francisca Herrera Garrido no arquivo do museo
· Frei Martín Sarmiento (1695-1772)
· Galicia: magos, soldados e viaxeiros
· Guía dos fondos do arquivo do museo de Pontevedra
· II Adral
· III Adral
· IV Adral. Castelao na lembranza
· IX Adral
· O Himno galego: da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os pinos" de Veiga e Pondal
· O Vigario: ensaio simbólico, orixinal e inédito
· Os nenos
· Quintana viva
· V Adral
· VI Adral
· VII Adral
· VIII Adral