LETRAS GALEGAS 2016.- MANUEL MARÍA

![]() |
Foto: www.academia.gal |
Este ano adícase o día das Letras Galegas a Manuel María.
Manuel María está considerado unha voz fundamental na poesía da segunda metade do século, aínda que tamén cultivou outros xéneros, especialmente o teatro e as narracións infantís, ademais da súa faceta como editor.
Foi un activo promotor da cultura galega, percorrendo España e a emigración con charlas e recitais.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos ten como finalidade central manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato, dispor dun espazo físico onde se lle dea acollida a todo iso, materializado na Casa Museu de Manuel María, situada en Outeiro de Rei. Nela albérganse a súa biblioteca, manuscritos e obxectos persoais do autor.
Con motivo desta celebración, na biblioteca do Conco - Dumbría podedes visitar unha exposición sobre este autor, con carteis explicativos e varias obras del.
“A fala”

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!
“A fala”

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós

que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a língua
se queremos vencer!
Celebremos o día das Nosas Letras lendo!