Ir o contido principal

Mar de Ardora

Mar de Ardora

Fecha:

19 / 08 / 2024

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

ardentía
Atlántico
ézaro
luna
luz
mar
mar de ardora
Naturaleza
océano

Baixo a luz da lúa poñéndose no Atlántico e aos pés do Monte Pindo reloce a ardentía, o MAR DE ARDORA, no Ézaro - Dumbría.

Imaxes de Basilio Bello - agosto 2024 

https://youtu.be/Vd6lJD2UEZI

O Mar de Ardora é un fenómeno natural producido polas algas. Un fenómeno máis propenso a producirse no verán. Para que se dea son varios os factores que inflúen: a estabilidade do mar, a estabilidade meteorolóxica, os ventos e as correntes. De feito, non sempre ten lugar nas mesmas praias.

No caso de querer ir velo é importante cando se visiten as praias de noite que non se lles engada unha maior presión medioambiental a un ecosistema virxe, que é tan fráxil.

Que se debe facer? Estacionar nos lugares habilitados, deixar ás aves tranquilas (pois é o seu momento de descanso) e non deixar lixo na praia.

Que NON debes facer? Subirse ás zonas dunares xa que é un lugar de anidamento das aves, nin tampouco levar cans ás praias que non o permitan en horario diúrno.

#DumbríaéTurismo #MardeArdora #Natureza