Ir o contido principal

NADAL 2014

Miniatura Noticia

Fecha:

12 / 12 / 2014

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
festa
manualidades
maxia
nadal



Aquí vos deixamos o programa de actividades infantís para este Nadal.

Papá Noel mandounos aviso de que ó longo destes días visitará as Casas Culturais de Dumbría porque tén algún que outro recadiño para os nenos e nenas que asisten ós cursos de informática. Será entre os días 12 e 18.

Haberá obradoiros de manualidades nos que os rapaces poderán confeccionar os seus adornos navideños. Estes obradoiros faranse en tódalas Casas Culturais nos seguintes horarios:

Luns 22 de decembro:         Martes 23 de decembro:
  16 h: O Conco                                  16 h: O Ézaro
  19 h: Olveira                                    19 h: Buxantes

Venres 26 de decembro:      Martes 30 de decembro:
  16 h: Berdeogas                               16 h: Salgueiros

Un  Paxe Real visitará as Casas Culturais o venres 2 de xaneiro para que tódolos nenos e nenas dumbrieses poidan entregarlle as súas cartas para os Reis Magos.

16:00 h: O Ézaro                      17:50 h: Salgueiros

17:00 h: Buxantes                     18:15 h: Berdeogas

17: 30 h: O Conco                     19:00 h: Olveira



Ademais, para o luns, 29 de decembro, o Concello prepara unha gran festa infantil no Conco con xantar, xogos, música, obradoiros e ata unha escola de  maxia  (da man da compañía Divermaxia). 
Haberá servizo de autobuses polas parroquias.


Para asistir á festa infantil é preciso entregar unha autorización nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 20 de decembro. Podedes descargala aquí.

Non esquezades inscribirvos!

#DumbríaParaTi #DumbríaParaTodos

Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2015.