NADAL 2015

Aquí vos deixamos o programa de actividades para este Nadal.
Papá Noel avisounos de que na semana do 14 ao 18 de decembro visitará as Casas Culturais de Dumbría porque tén algún que outro recadiño para os nenos e nenas que asisten ós cursos de informática.
Concertos musicais:

O martes 22 na Casa Cultural de Olveira poderedes asistir ó concerto da formación musical A Gramola Gominola.
Farán un repaso pola historia da música moderna a través de diferentes estilos. A posta en escena está chea de colorido e momentos cómicos que gustarán a cativos e maiores
Trátase dun concerto para público infantil e familiar no que chega a Dumbría unha locomotora moi especial que percorre as nosas paisaxes espallando boa música, ilusión e alegría ó seu paso. Coa participación e dirección de Uxía.
Luns 21 de decembro: Martes 22 de decembro:
16 h: O Ézaro 18.30 h: Olveira
19 h: Buxantes
Mércores 23 de decembro: Martes 29 de decembro:
16 h: Berdeogas 18.30 h: O Conco - Dumbría
16 h: Salgueiros
Ademais, para o luns, 28 de decembro, o Concello prepara unha gran festa infantil no Conco con xantar, xogos, música, obradoiros e a actuación do paiaso Popín Palomero.
Haberá servizo de autobuses polas parroquias.
Para asistir á festa infantil é preciso entregar unha autorización nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 18 de decembro. Podedes descargala aquí.
Non esquezades inscribirvos!
Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2016.