Ir o contido principal

NADAL 2017

Miniatura Noticia

Fecha:

13 / 12 / 2017

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
Concello de Dumbria
manualidades
música
nadal
nenos
obradoiros
E xa estamos de novo ás portas do Nadal!
Abrimos prazo de inscrición para a festa infantil de Nadal, que se celebrará o mércores 27 de decembro.
Será nas instalacións do Conco.
Haberá servizo de autobús para recoller aos nenos/as polas parroquias.
A festa comezará sobre as 11:00 h e prevese que remate ás 17:00 h.
Pola mañá teremos xogos deportivos e obradoiros de manualidades. Despois de xantar continuaremos cun divertidísimo obradoiro de xogos de habilidade.
Para poder asistir é necesario cumprimentar unha autorización e entregala nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 21de decembro.
Nas Casas Culturais vanse levar a cabo obradoiros de manualidades infantiles . Podedes consultar horarios na imaxe de arriba.

Aproveitamos para desexarvos que pasedes unhas felices Festas de Nadal ó carón dos vosos e trasladarvos os nosos mellores desexos para o ano 2018