O verán en Dumbría: qué facer

Se este verán estás pola Costa da Morte, non te perdas todo o que podes facer no Concello de Dumbría.
Actividades gratuitas e algunhas cun pequeno custo. Poderás disfrutar dunhas vacacións diferentes, con deporte, natureza e moita diversión. Aínda non sabes a onde ir?....Aquí che deixamos algunhas ideas:
1. Visitar a Fervenza do Ézaro e coñecer a contorna
2. Coñecer o Monte Pindo e facer un Roteiro Guiado
De martes a sábado de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00. E os domingos de 11:00 a 14:00 h. nos meses de xuño a outubro.
Este centro de interpretación é a base dun espazo protexido pola Rede Natura 2000.
Conta con unha grande diversidade de hábitats e especies animais e vexetais de gran interese.
Praias, dunas, marismas, acantilados, illas Lobeiras e reserva mariña. O río Xallas coa lexendaria fervenza do Ézaro, o Olimpo Celta de O Pindo coas súas esculturas naturais de granito, Punto de Interese Xeolóxico Nacional.
Todo isto forma un dos espazos litorais máis variados da comunidade, onde o natural desborda grandeza.

3. No Camiño de Santiago
Se estás no Camiño de Santiago e buscas un aloxamento, albergue ou información o Punto de Atención ao Peregrino do Hospital está aberto no seguinte horario de martes a sábado de 07:30 a 14:00h
4. Aprender a nadar, ou darte un chapuzón
A piscina municipal de Dumbría está aberta.
O horario é de luns a sábado de 3:30 a 7:30.
Se queres darte un chapuzón ou facer un pouco de deporte.
Tamén hai cursos de natación para nenos e adultos. Podes consultar os horarios chamando ao concello no 981744001
5. Pasar unha divertida xornada facendo Kayak no Ézaro
Se eres un amante das novas experiencias e che gusta descubrir outra forma de ver as cousas, a Fervenza en Kayak vaiche a encantar.
Súbete a un kayak, e durante unha hora, recorreo a desembocadura do Río Ézaro polos mesmos lugares onde os Vikingos reparaban as súas naves; nun marco incomparable de beleza ós pes do Monte Pindo
- Recorrido: Fervenza e Desembocadura do Río Ézaro
- Material: Kayak, chaleco e remo
- Servicios: Servicio de baño e duchas
- Prezo: 7 Euros x persoa
+ info no 662346927
6. Xogar ó padel
+ info no 662346927
7. Participar nun campamento de verán
Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas:
- Cursos de natación
- Obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,...
- Xogos e dinámicas para o tempo libre
- Xogos populares e de mesa
- Actividades deportivas
- Contacontos
- Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet
Todo isto, e máis, atoparédelo este verán nas mañás estivais do Conco.
8. Ir á Biblioteca, ler e curiosear
As bibliotecas e casas de cultura tamén están abertos de verán. Podes acceder á biblioteca, as aulas de informática e facer uso das instalacións