OBRADOIRO DE MONICREQUES

Xa pasou máis de un mes e aquí están os resultados do noso obradoiro de monicreques feitos por nenos e nenas dos 5 aos 10 anos.
Para facelos vós tamén, precisades:
- Tesoiras
- Pegamento
- Cartón
- Bolas de porexpan
- Pranchas de goma espuma
- Xiz pastel
- Rotulador permanente.
- Lapis
Comezamos debuxando o deseño da cabeza e da boca, así como os demais complementos que cada neno lle quixo engadir como por exemplo: nariz, orellas, unha galleta,..
Despois de recortar as pranchas de goma-espuma, pegamos a cabeza e a boca, ademais das orellas, dentes, ollos, pelo..
A medida que ían pasando os días os nosos monicreques ían collendo cada vez máis forma.




(Un truco que podedes empregar, unha vez rematado, para que non lle acabe marchando a cor, é rocialo por todo con laca).
A nós encantounos como quedaron porque todos os participantes puxeron moitas ganas na elaboración do seu monicreque.
Agradecemos a Lorena Romar (monitora de animación sociocultural) a súa adicación a este proxecto, tanto no deseño coma na realización desta actividade.