Ir o contido principal

ONDE ESTÁ O MAGO ANTÓN?

Miniatura Noticia

Fecha:

08 / 10 / 2013

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
casas culturais
maxia
O vindeiro venres, 11 de outubro o mago Antón andará por terras dumbriesas.


Amosaranos o seu espectáculo "Onde está o Mago Antón?" nas instalacións do Conco ás 21.00 horas.

Pero antes dun bo plato, non está de máis come-la proba, así que poderedes degustar un aperitivo do espectáculo nos seguintes lugares e horarios:
  • 10.30 h - Centro de saúde de Dumbría
  • 11.45 h - CEIP Santa Eulalia
  • 16.00 h - Casa Cultural de Berdeogas
  • 16.45 h - C.C. de Olveira
  • 17.15 h - C.C. de Buxantes
  • 18.30 h - C.C. do Ézaro
  • das 19.30 h en diante - Instalacións do Conco.

Visitaranos, dentro do programa Cultura no Camiño, programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xestionado por Agadic.

Non perdades a ocasión de poder gozar dun día máxico!