🗺 A Ponte Olveira – ED

A Ponte Olveira é un pobo que, xunto co lugar de Olveiroa, pertence á parroquia de Santiago de Olveiroa.
O Camiño de Santiago a Fisterra e MuxÃa arranca no Concello de DumbrÃa a través da ponte da Ponte Olveira; unha ponte romana situada sobre o RÃo Xallas.
Neste enclave tivo lugar unha encarnizada loita o 12 de abril de 1809 cunha tráxica derrota dos dumbrieses.
A chegada do exército francés a Galicia, perseguindo ao inglés, capitaneado por Moore, deu lugar o 16 de xaneiro de 1809 á encarnizada batalla de Elviña, na Coruña.
Parte deste exército dirixiuse a Santiago e, dende alÃ, á comarca de Fisterra. Os veciños, coñecedores do seu paso polo rÃo Xallas no lugar da Ponte Olveira, organizáronse para facerlle fronte a través da creación dunha Xunta de Defensa con domicilio en Corcubión. Nela participou, entre outros, o cura do Ézaro, Juan Domingo Pizpieiro.
A feroz batalla na Ponte Olveira traduciuse nunha brutal derrota e perda de vidas humanas por parte da veciñanza. Moitos dos cadáveres foron recollidos varios quilómetros rÃo abaixo. O exército francés, formado por uns 2.000 soldados eufóricos pola vitoria, continou o camiño cara Cee e Corcubión deixando tras de si máis mortes e destrución. Queimaron os arquivos parroquiais de Olveira e Olveiroa. Esnaquizaron a capela, o cruceiro e parte do lugar de Hospital. Aniquilaron aos habitantes e o caserÃo do lugar de Casas de Maias, queimaron a capela e mataron aos habitantes do lugar de Fonte Santa, en Buxantes.

Pouco máis adiante da ponte, continuando en territorio dumbriés, hai unha finca onde tiña lugar unha primitiva feira de gando, xa desaparecida en 1955.
#DumbrÃaéTurismo #ExploraDumbrÃa #PonteOlveira #Olveiroa #DumbrÃa