🗺 Pozo Encantado – ED

O Pozo Encantado de Salgueiros é tamén coñecido como O Pozo Negro. Está emprazado no rÃo Bustelo, preto da desembocadura do RÃo Castro.
O pozo foi feito como consecuencia dunha fervenza duns 4 metros de alto que, co paso dos séculos perforou a rocha ata crear unha enorme pÃa, ao mesmo tempo que parte do caudal lograba fuxir por un camiño estreito provocando un pozo con abundantes remuÃños.
Na súa beira dereita está unha gran rocha que sostén un antigo muÃño fariñeiro coñecido como MuÃño do Pozo. Este muÃño é anterior ao 1753 e era propiedade do presbÃtero Roque de Noya, do lugar de Prado (Salgueiros).
Os veciños da comarca cren que o muÃño está enmeigado e asà o transmitiron de xeración en xeración , creando medo na xente que pregunta por el. Hai quen di que pola noite aparecÃan luces brillantes que manaban do pozo, acompañadas de choros e lamentos na contorna da fervenza. Todo este medo debeu xurdir tralo afogamento dun veciño a finais do século XIX en estrañas circunstancias.
Na metade do século XX suicidouse unha muller, tirándose do alto da rocha e os lugareños de Pazo e Cernado pasaron moitos traballos para recuperar o corpo.
Este lugar é coñecido como Leiras da Prata e na súa contorna habÃa catro cruceiros. Antes da Guerra Civil, xurdiron acontecementos misteriosos... O Cruceiro de Reboredo, o do Petón dos MuÃños e a Cruz de Pazo desapareceron sen deixar rastro. Segundo xente maior do lugar de Prado, o Cruceiro de Ceáns estaba nunha finca privada. O dono rompeuno para pechar unha leira e a partires dese momento esa familia comezou a sufrir tremendas desgrazas ata desaparecer toda ela.
Todas estas historias quedaron moi gravadas na memoria da xente do lugar e asà o foron transmitindo de xeración en xeración, creando un halo de misterio e de medo arredor do Pozo Encantado.
#DumbrÃa #DumbrÃaéTurismo #ExploraDumbrÃa #PozoEncantado #Salgueiros