A primeira vez: Talía Teatro

Dende fai anos Talía Teatro caracterízase por ser unha compañía cun amplo repertorio. O autor deste espectáculo é un autor contemporáneo da nova escena europea, Michal Walczak.
"A PRIMEIRA VEZ" é un drama disfrazado de comedia.
Día: Venres 31 de maio de 2019
Hora: 21:30 h
Lugar: Auditorio da Casa de Cultura de Olveira, en Dumbría
⚠ PÚBLICO: +13 ANOS !!!
ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.
SINOPSE:
É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta ..., el e ela confróntanse para trazar o itinerario da súa primeira vez.
A primeira vez conta, polo tanto, a primeria relación amorosa de Mada e Carlos. Unha relación baseada na planificación exhaustiva dun primeiro encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle, pretendendo converter esa mitificada primeira vez en ideal, tendo que sacrificar a súa verdadeira emoción para acadar unha verdade ensaiada, teatralizada, polo tanto falseada.
REPARTO:
Intérpretes: María Ordóñez e Toño Casais.
Escenografía e iluminación: Dani Trillo.
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro.
Espazo sonoro: Diego Rey.
Deseño gráfico, fotografía e vídeo: Rubén Prieto.
Producción: Artur Trillo e Auri Ferreiro.
Axudante de dirección: Martina Cambeiro.
Versión e dirección: Artur Trillo.
ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.
Taquilla: abrirase 30min antes da función.