RD-LEI 10/2020, 29 marzo, PERMISO RETRIBUÍDO RECUPERABLE PARA TRABALLADORES POR CONTA ALLEA QUE NON PRESTEN SERVIZOS ESENCIAIS

👥 ÁMBITO SUBXECTIVO DE APLICACIÓN: todos os traballadores por conta allea cuxa actividade non foi paralizada como consecuencia da declaración do estado de alarma (RD 463/2020, 14 marzo).
Excepcións:
- Traballadores que presten servizos nos sectores cualificados como esenciais no anexo deste RD-Lei.
- Traballadores que presten servizos nas divisións ou nas liñas de produción cuxa actividade se corresponda cos sectores cualificados como esenciais no anexo deste RD-Lei.
- Traballadores contratados por empresas que solicitaron ou estean en trámites de aplicar un ERTE e por empresas co ERTE autorizado durante a vixencia do permiso previsto neste RD-Lei.
- Traballadores que están de baixa por incapacidade temporal ou cuxo contrato estea suspendido por outras causas legalmente previstas (BOE nº87, 29 marzo, Sec. I, Páx. 27631).
- Traballadores que poidan seguir desempeñando a súa actividade con normalidade mediante teletraballo ou outro tipo de modalidade non presencial de prestación de servizos.
🏠 PERMISO RETRIBUÍDO:
- Os traballadores que se atopan dentro do ámbito de aplicación do presente RD-Lei gozarán dun permiso retribuído recuperable, de carácter obrigatorio, entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020, ámbolos dous inclusive.
- O permiso implicará que os traballadores conservarán o dereito á retribución correspondente ao seu traballo con carácter ordinario, incluíndo o salario base e os complementos salariais.
💪 RECUPERACIÓN DAS HORAS DE TABALLO NON PRESTADAS DURANTE O PERMISO RETRIBUÍDO:
- Poderase facer efectiva dende o día seguinte á finalización do estado de alarma ata o 31 de decembro de 2020.
- Esta recuperación deberá negociarse nun período de consultas aberto ao efecto entre a empresa e a representación legal dos traballadores. Terá unha duración máxima de 7 días.
- A recuperación das horas non poderá supor o incumprimento dos períodos mínimos de descanso diario e semanal previstos na lei e no convenio colectivo, o establecemento dun prazo de preaviso inferior ao recollido no BOE (nº87, 29 marzo, Sec. I, Páx. 27632), nin a superación da xornada máxima anual prevista no convenio colectivo aplicable.
🍊 ACTIVIDADE MÍNIMA INDISPENSABLE: A empresa deberá establecer o número mínimo de persoal ou as quendas de traballo estritamente imprescindibles co fin de manter a actividade indispensable.
📝 ADAPTACIÓN DE ACTIVIDADES: O Ministro de Sanidade poderá modificar ou especificar as actividades que se ven afectadas polo permiso retribuído recuperable previsto neste artigo.
Disposición transitoria primeira – Garantías para a reanudación da actividade empresarial: nos casos que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade, os traballadores poderán prestar servizos o luns 30 de marzo co único propósito de levar a cabo as tarefas imprescindibles para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen prexudicar de maneira irremediable a reanudación da actividade empresarial.
Disposición transitoria segunda – Continuidade dos servizos de transporte: traballadores do ámbito do transporte realizando un servizo non incluído neste RD-Lei no momento da súa entrada en vigor, iniciarán o permiso retribuído recuperable unha vez finalizado o servizo en curso.
Disposición adicional primeira – Empregados públicos: O Ministerio de Política Territorial e Función Pública e os competentes nas CC.AA. e Entidades Locais quedan habilitados para ditar instrucións e resolucións necesarias para regular a prestación de servizos dos empregados públicos para manter o funcionamento dos servizos públicos que se consideren esenciais.
Disposición adicional segunda – Persoal con lexislación específica propia.
Disposición adicional terceira – Servizos esenciais na Administración de Xustiza.
Disposición adicional cuarta – Continuación de actividade.
Disposición adicional quinta – Persoal de empresas adxudicatarias de contratos do sector público.
Disposición adicional única – Entrada en vigor: o mesmo día da súa publicación no BOE – 29 marzo 2020.
ANEXO (páxinas 7-8)
+INFO: BOE 29 MARZO 2020
#EuQuedoNaCasa