Retocando e filtrando:coñece tódolos programas

Cantas veces non nos pasou que quitamos unha foto e non nos gusta como quedou, que se quedou moi oscura, que se ten demasiado brillo… Pois iso ten solución.
Quen non coñece o Photoshop? O programa por excelencia de retoque fotográfico que usan moitisimas revistas para retocar as súas portadas. Nós tamén podemos retocar as nosas fotografías sen necesidade de utilizar o Photosphop, existen numerosos programas, fáciles de usar, que nos fan a vida un pouquiño máis fácil.
Algúns dos programas de retoque fotográfico son:
- Gimp: de software libre. Parecido ó Photoshop, ten unha interface moi fácil de utilizar. Permítenos recortar, facer fotomontanxes, quitar os ollos vermellos, crear imaxes animadas en formato GIF…

- Picasa: do xigante Google. Permítenos visualizar, organizar e editar fotografías. Ademais, podemos subir as nosas fotos á rede de Google+, compartilas con outros usuarios e crear álbums.
- Photoscape: permítenos mellorar e corrixir as nosas fotos. É divertido e doado de usar. Permítenos crear collages coas nosas fotos, facer gifs animados, engadirlle texto, etc.
- PhotoFiltre: ten todo tipo de ferramentas de edición gráfica. É un programa moi completo, ten diferentes filtros e todo tipo de efectos para fotografías.
Tamén podemos editar fotos online, sen necesidade de descargar ningún programa. Algunhas das páxinas onde podemos editar fotos son:
- Pixlr: unha aplicación moi potente con infinidade de filtros e con apariencia moi similar ó Photoshop.
- PigMagick: ferramenta super rápida, moi recomendable para retoques básicos.
- FotoFlexer: permítenos aplicar infinidade de filtros e efectos sobre as nosas fotos sen necesidade de rexistrarse.
- Pixler: con esta ferramenta pódense conseguir efectos parecidos ó Photoshop. Podemos aplicar distintos filtros e incluír textos e emoticonos.
Para retocar fotos dende o noso SmartPhone:
- PicsArt: gratuíto. Podemos facer modificacións das páxinas como brillo ou contraste. Poñerlle marcos ou crear collages, recortar as fotos, engadirlle textos…
- Photo Editor de Aviary: dunha forma rápida e sinxela podemos editar as nosas fotos. Podemos corrixir os ollos vermellos, branquear dentes ou quitar manchas vermellas da pel.
- PicLab Editor de fotos: déixanos aplicar filtros e efectos impresionantes ás fotos, ademais de poder engadirlle texto.
Nos vindeiros días anunciaremos novos cursos de retoque fotográfico para que non teñades ningunha dúbida para retocar ou traballar coas vosas fotografías!