ROSALÍA PEQUENIÑA. Concerto de Uxía Senlle

O vindeiro martes, 27 de agosto, coincidindo co paso de La Vuelta ciclista polo Ézaro, celebrarase un concerto na Casa Cultural.
Ás 20.00 horas, poderemos asistir ó concerto no que Uxía Senlle nos agasalla con adaptacións á música máis actual dos versos de Rosalía de Castro, no 150º aniversario da publicación de Cantares gallegos.
A ritmo de blues, muiñeira ou rock, poderemos gozar dun concerto divertido con alta calidade artística e aprender cancións en galego para cantarmos xuntos
Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Despois do concerto, de 23.00 a 00.30 horas, poderemos contemplar a iluminación da Fervenza do Ézaro.
Non volo perdades! Agardámosvos!