Ir o contido principal

RUTA CON PEPE DO FIEIRO

RUTA CON PEPE DO FIEIRO

Fecha:

14 / 09 / 2024

Categorías:

Cultura
Eventos culturais

Etiquetas:

A MOA
Costa da Morte
cultura
deporte
HISTORIAS VIVAS
MONTAÑA
Monte Pindo
OLIMPO CELTA
patrimonio inmaterial
Pepe do Fieiro
SENDEIRISMO
turismo

O Concello de Dumbría organiza unha subida ao Monte Pindo co neno que soñaba coa montaña: Pepe do Fieiro.

A ruta iniciarase no Fieiro, a súa aldea natal, para comezar o ascenso polos segredos do Monte Pindo ata coroar A Moa da man do maior explorador do Monte Pindo. É indispensable contar con vehículo propio para chegar ata o Fieiro. Unha vez finalizada a ruta, baixaremos ata o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro, onde gozaremos xuntos dun refrixerio e dalgunha que outra sorpresa…

⬇️Inscríbete e goza dunha experiencia única da man dun dos mellores coñecedores do Olimpo Celta. ⬇️

DATOS TÉCNICOS DA RUTA:

  • Lonxitude do trazado: 3.900 m (+/-)
  • Pendente media: 7%
  • Cota de inicio: 290 msnm
  • Cota de fin: 627 msnm
  • Desnivel: 338m
  • Dificultade: baixa-media

CONSELLOS IMPORTANTES:

 🥾 Roupa e calzado cómodos. 

 🍶 Algo de beber. 

 🥪 Algo de comer. 

 🧥 Unha chaqueta para a cima, pois soe facer vento na Moa. 

🧢🧴 Se vai sol é aconsellable levar viseira e poñer protección solar. 

 🦟 Se che soen facer reacción as picaduras de insectos, poñer repelente non está de máis. 

MENORES DE IDADE: acompañados dunha persoa adulta, aconsellable a partires dos 7 anos.

MASCOTAS: permitidas sempre e cando vaian coa correa posta.

RUTA MONTE PINDO: sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

INSCRICIÓN: prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición.


Máis información: 
Oficina de Turismo do Ézaro
Oficinas Municipais
662 34 69 27
981 74 40 01

#DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #MontePindo #PepedoFieiro #montaña #sendeirismo #cultura #historia #PatrimonioInmaterial #HistoriasVivas