A túa empresa na rede + retoque de fotografías

O Concello de Dumbría oferta dous novos talleres de informática:
Para os autónomos, as pequenas empresas e para os que teñan ganas de crear e xestionar un espazo dixital para un negocio.
Neste taller axudarémoste a crear unha páxina web gratuita (blog) onde ti poderás ir engadindo nova información, a situar o teu negocio no Google Maps para que calquera poida atoparte na rede.
- Retoque fotográfico e de imaxes con Gimp (12 horas):
Se che gusta a fotografía, queres facer álbumes dixitais, retocar fotos ou dixitalizar as túas fotos antigas, neste taller aprenderás a facelo dun xeito sinxelo e rápido.
Para asistir a estes cursos é necesario inscribirse antes do 20 de novembro. Podes facelo nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001)
Lembra tamén que en tódalas casas culturais (agás no Ézaro, debido ás obras de acondicionamento do local) deron xa comezo os cursos anuais de informática para nenos/as e adultos, nos que xa participan máis de 140 veciños.
Non esperes máis para anotarte!