Ir o contido principal

VERÁN 2014: actividades Conco + Festa fin de curso

Miniatura Noticia

Fecha:

11 / 06 / 2014

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
Conco
curso natación
deporte
festa
piscina
verán
O verán está a piques de chegar e con el as actividades programadas nas instalacións municipais do Conco.
A piscina municipal abrirá as súas portas cos horarios de costume para o baño libre (de luns a sábado, de 15:30 h a 19:30 h)

En xullo comezan os cursos de natación (iniciación e perfeccionamento) para adultos (polas tardes).

Polas mañás realizaranse actividades para os nenos e nenas:
  • Cursos de natación
  • Talleres didácticos
  • Manualidades
  • Xogos populares, deportivos e de mesa
  • Contacontos
  • Servizo de Bibliopiscina e acceso a internet
  • E, ó longo de dúas semanas, ENGLISH SUMMER: actividades lúdico-didácticas en inglés con profesorado nativo, dando así continuidade ó programa Dumbría Speaks, desenvolvido ó longo deste curso no que participaron moitos nenos e nenas do concello.
Diversión, entretemento, xogo, aprendizaxe, exercicio físico, intercambio de experienciasconvivencia, interacción dos rapaces das diferentes parroquias, .... Todo isto e máis atoparédelo este verán nas mañás estivais do Conco.

O concello porá un servizo de transporte gratuíto para trasladar ós participantes desde as parroquias ata Dumbría.

Xa podedes inscribirvos nas casas culturais ou nas oficinas municipais, Teléf.: 981 744 001, ata o 26 de xuño.


E, para ir abrindo boca, e como remate deste curso, celebraremos unha festa infantil na praia do Ézaro.

Será o xoves, 26 de xuño.

Todos os nenos e nenas que queiran participar deben cubrir unha autorización e entregala nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 20 de xuño.