Ir o contido principal

Vidas TRANSgresoras. Ana Escudero Canosa

Vidas TRANSgresoras. Ana Escudero Canosa

Fecha:

20 / 08 / 2024

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

bibliotecas
cultura
libro

<<Vidas Transgresoras« é o último libro de Ana Escudero Canosa.

Son 34 biografías de personas trans elixidas ao longo da historia. É un libro co que se quere darlles voz e visibiliade, resaltando os seus logros, desafíos e contribucións á sociedade.

Cada biografía é unha ventá á diversidade e complexidade das experiencias trans, abranguendo diferentes contextos culturais e momentos históricos. Ademais, o libro invita a reflexionar sobre a identeidade, o amor e a loita pola aceptación, ofrecendo unha mirada fonda e conmovedora sobre as vivencias destas persoas que desafiaron as normas e expectativas para vivir autenticamente.

O libro foi ilustrado por Anna Solà e gañou o primeiro premio do concurso organizado pola editorial Malas compañías "La gente trans también cuenta", que busca darlles voz a colectivos silenciados.

A AUTORA

Ana Escudero Canosa é filla dunha dumbriesa e dun manchego. Naceu en Barcelona en 1975 e traballa nunha fundación social desde 2007.

Como escritora ten publicados varios libros: Solamente Peter, Nunca visites al dentista al lunes Si no sabes qué leer. Relatos y microrrelatos; os tres coescritos coa súa irmá Belén. Juicio a un alma atormentada é a súa primeira novela en solitario. Algunhas destas obras foron traducidas a outros idiomas coma o inglés, o portugués ou o italiano.

Máis recentemente publicou dous álbums infantís ilustrados: Nanac, el caramelo espacial e Hay un dragón bajo mi cama.

En 2024 publica a súa primeira obra de non fición, Vidas TRANSgresoras, álbum ilustrado por Anna Solà e editado pola editorial Libros de Las Malas Compañias, obra gañadora do III Concurso La gente también cuenta.

Tamén publica en 2024 El castillo de Nalda, obra coescrita coa súa irmá Belén e ilustrada por Anna Solà, cola editorial Siníndice, obra gañadora do IX Concurso de literatura ilustrada Villas de Nalda e Islallana.

Por outra banda, Ana coordinou tres antoloxías solidarias: 39 Saltos en el charco, para a Fundación Pere Tarrés; Un salto en el recuerdo Un salt en el record, destinados a Alzheimer Catalunya Fundación. Tamén colaborou con varios relatos noutras antoloxías solidarias.

Premios

•    Primeiro premio, IX Concurso de literatura ilustrada villas de Nalda e Islallana, da editorial Síndice e o Municipio de Nalda e Islallana, coa obra «El castillo de Nalda».

•    Primeiro premio, III Concurso de álbum ilustrado “La gente también cuenta” da editorial Libros de las Malas Compañías, coa obra «Estrellas que brillaron en un mundo sin colores». (Vidas Transgresoras)

•    Primeiro premio, 1º Jocs Florals da Fundación Pere Tarrés coa obra «Matilde».

•    Segundo premio no Concurso de microrrelatos ilustrados 2021 da Universidad de Jaén coa obra «¿Me escuchas?».

PRESENTACIÓN DO LIBRO <<Vidas TRANSgresoras>> en Dumbría

Ana presenta o seu novo libro na Biblioteca do Conco - Dumbría o xoves 22 de agosto de 2024, ás 19:30 h