Xornadas “As Mulleres na Antigüidade”
Con motivo do Mes da Muller, o Concello de Dumbría organiza as xornadas “As Mulleres na Antigüidade”, un ciclo de catro sesións dedicadas a analizar o papel feminino nas grandes civilizacións do Mediterráneo e no mundo celta.
Correrán a cargo de 𝐍𝐢𝐞𝐯𝐞𝐬 𝐆𝐚𝐫𝐜í𝐚 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐞𝐧𝐨
As sesións celebraranse os días 7, 14, 21 e 28 de marzo ás 11:30 horas nas Instalacións Municipais do Conco.
Ao longo das xornadas abordaranse:
A independencia xurídica das mulleres no Antigo Exipto
A influencia feminina na Roma Antiga
O contraste entre mito e realidade da Grecia Clásica
O prestixio das mulleres no mundo celta
A actividade será aberta ao público.
Entrada libre ata completar aforo
Porque a igualdade se constrúe cada día, o Concello de Dumbría aposta por abrir camiños, a través do coñecemento e da cultura co fin de construír un futuro cheo de oportunidades para todas as persoas.