ONDE ESTÁ O MAGO ANTÓN?

O vindeiro venres, 11 de outubro o mago Antón andará por terras dumbriesas.

Amosaranos o seu espectáculo "Onde está o Mago Antón?" nas instalacións do Conco ás 21.00 horas.
Pero antes dun bo plato, non está de máis come-la proba, así que poderedes degustar un aperitivo do espectáculo nos seguintes lugares e horarios:
Visitaranos, dentro do programa Cultura no Camiño, programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xestionado por Agadic.
Non perdades a ocasión de poder gozar dun día máxico!

- 10.30 h - Centro de saúde de Dumbría
- 11.45 h - CEIP Santa Eulalia
- 16.00 h - Casa Cultural de Berdeogas
- 16.45 h - C.C. de Olveira
- 17.15 h - C.C. de Buxantes
- 18.30 h - C.C. do Ézaro
- das 19.30 h en diante - Instalacións do Conco.