Ir o contido principal

Nadal 2025/2026

cartel Nadal 2025/2026

Fecha:

09 / 12 / 2025

Categorías:

Actividades Municipais
Casas de Cultura
Cultura
Eventos culturais
Infancia e Mocidade
Instalacións Municipais

Etiquetas:

🎄NADAL 2025/26🎄

📫Este Nadal a rapazada pode traer as súas cartas para Papá Noel, o Apalpador, ou os Reis Magos ás Casas Culturais e encargarémonos de facérllelas chegar

·

🎅Do 15 ao 19 de decembro, Papá Noel falará coas nenas e nenos nas 5 aulas de informática, de 16 a 20 h.

E, neses mesmos días, de 18 a 19 h, teremos obradoiros infantís de manulidades de Nadal en madeira con Muxiarte. (Consultade cartel)

·

🎉O luns 29, gran Festa Infantil de Nadal no Conco, con xogos, música, manualidades, xantar, transporte,... e circo, con Pista Catro (Rede Cultural da Deputación).

❗️Ollo! Para asistir a esta festa é preciso inscribirse no Concello ou nas Casas Culturais.

Podes descargar aquí a solicitude⬇️

https://drive.google.com/file/d/1T8oIkH7SX9zbnnn4kPZ5vJBovl3PI3BB/view?usp=sharing

·

🎨🧑‍🍳👩‍🍳 Nestas semanas de Nadal as casas culturais de Olveira, Berdeogas, Buxantes e O Ézaro abrirán de 10 a 14 h e O Conco farao polas tardes, de 16 a 20 h.

Alí, a rapazada poderá participar en obradoiros de manualidades, cociña, xogos de mesa, e outros moitos divertimentos.

·

🎼🎭🎩 As tardes de vacacións escolares, ás 18:00 h, teremos actuacións de maxia, contacontos, música e novo circo en todas as Casas Culturais

·

👑 E, para pechar estas datas de Nadal, a tarde do 5 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello