"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.
O vindeiro xoves, 21 de xuño ás 20:00 h., terá lugar nas instalacións municipais do Conco a presentación da exposición fotográfica Reflexos de Dumbría.
Trátase dunha pequena recopilación das moitas imaxes que Santiago Garrido, xornalista de La Voz de Galicia, ten feito do noso concello.A través destas fotografías, Santiago, ben seguro, vainos sorprender e descubrir recunchos da nosa terra descoñecidos para moitos.
Vainos sorprender con reflexos da Dumbría máis coñecida e tamén nos descubrirá unha gran descoñecida, amosándonola tal e como é, sen adornos nin filigranas, natural.
A exposición poderase visitar no Conco ao longo do verán.
Estades todas e todos convidadas/os á presentación, na que intervirán Santiago Garrido, autor das imaxes, e José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría.