O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ .
Amosa o mellor de Dumbría a través da túa cámara!
1. OBXECTO
Este concurso ten como principal obxectivo promover e difundir o Concello de Dumbría.
#Dumbríaé simboliza dende o 2011 un movemento de etiquetado social tanto para fotos e vídeos coma para as diferentes áreas nos que o concello desenvolve accións e actividades (#DumbríaéDeporte #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura #DumbríaéNatureza #DumbríaéHistoria #DumbríaEsti #DumbríaéCamiño…).
Son moitas as persoas que dende os inicios do primeiro concurso do #Dumbríaé crean e difunden contidos nos que promoven o noso territorio e actividades e, como en anteriores edicións do concurso, queremos premiar e recoller esas fotografías auténticas e xenuínas que formarán parte do material promocional e divulgativo do noso concello.
2. TEMÁTICA
A temática centrarase en fotografías representativas de Dumbría con diversas temáticas (patrimonio, natureza, festas, actos, eventos, tradicións, deporte, persoas, cultura, Camiño de Santiago, actividades, dos ríos, dos montes, da gastronomía local, da hostalería, etc.), que puideron ser tomadas en calquera época do ano. Poden ser fotografías antigas ou actuais. Poden ser sacadas de día ou de noite.
Buscamos esas espectaculares imaxes que representan o noso concello e coas que chegamos a tantos recunchos de todo o territorio.
3. CONDICIÓNS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Para poder participar, o usuario encher un formulario que se encontra na web do Concello de Dumbría .
- As persoas participarán neste Concurso Fotográfico a través da web do Concello de Dumbría subindo un máximo de 5 fotografías que se encadren nalgunha das temáticas do concurso, acompañadas dun título ou frase que describa a mesma.
A fotografía deberá ter calidade suficiente para ser imprimida sen diminución da calidade. O arquivo orixinal previo a calquera edición ha de ter un mínimo de resolución de 300x200mm a 300ppp.
Sen ser esixible, recoméndase o encadre horizontal das imaxes.
As fotografías poderán presentarse tanto en cor coma en branco e negro.
As fotografías que non cumpran os requisitos anteriormente esixidos non poderán someterse a votación
A participación é libre e gratuíta.
Poderán participar as persoas maiores de 14 anos de idade, sexan ou non do Concello de Dumbría, exceptuando as persoas que formen parte do xurado.
Cada participante poderá enviar un máximo de 5 fotografías.
As fotografías non deben estar premiadas en ningún outro certame ou concurso, na data de presentación a este.
Os participantes serán os responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías debendo, se así é necesario, contar por escrito cos permisos de cesión de dereitos de imaxe das persoas retratadas.
As fotografías presentadas e premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores, os cales ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello de Dumbría, que as poderá utilizar para promover o concello. O nome do autor figurará na difusión das fotografías; pero non se aceptarán aquelas fotografías que leven sinatura ou algunha outra marca identificativa.
As fotografías deberán cumprir os requisitos técnicos indicados nas bases.
Os participantes, polo simple feito de selo, manifestan coñecer e aceptar as bases de participación e as decisións do xurado.
PRAZO
O concurso comezará unha vez publicado na web e/ou nas redes sociais do Concello de Dumbría e rematará ás 23:59 h do 30 de setembro do 2025
PREMIOS
Premiaranse un total de 12 fotos. Cada foto gañadora obterá un premio consistente nun bono de 100 € a consumir nun establecemento hostaleiro/comercial do concello de Dumbría que virá indicado en dito bono.
Cada participante pode optar como máximo a 3 premios.
A entrega de premios realizarase nun acto público no concello de Dumbría.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Resultarán gañadoras deste concurso as 12 fotografías con máis puntuación.
O concurso requirirá para a súa celebración un mínimo de 12 fotografías participantes, en caso de non alcanzalo suspenderase a súa celebración.
A valoración do Xurado, basearase nos criterios de adecuación das imaxes á temática, a creatividade, a orixinalidade, a capacidade para transmitir, a mensaxe e a calidade das mesmas.
XURADO
O Xurado estará composto pola Concelleira de Cultura e Turismo de Dumbría. Tamén formará parte do Xurado o xornalista Santiago Garrido e a comunicadora audiovisual Verónica Ramallal Trevín
O Xurado reservarase o dereito de interpretación das bases do presente concurso e de resolución dos casos non contemplados, de acordo co seu mellor criterio.
O Xurado resérvase o dereito de descartar aquelas imaxes que sexan de mal gusto ou non encaixen dentro da temática proposta, procedendo do mesmo xeito se non reúnen un mínimo de calidade.
Os membros do Xurado non poderán participar no Concurso.
O veredicto do Xurado farase público unha vez que remate a edición do Concurso e publicarase o resultado nas redes sociais e/ou web do Concello de Dumbría.
PROTECCIÓN DE DATOS
1. Responsable do tratamento dos seus datos
O responsable do tratamento dos seus datos é o Concello de Dumbría con enderezo en Estrada da Coruña s/n, Dumbría 15151 (A Coruña).
Contacto Delegado de Protección de Datos: dpd@dumbria.es
2. En que actividade de tratamento están incluídos os meus datos persoais e con que fins se tratarán?
Os seus datos serán tratados para xestionar a súa participación no CONCURSO #DUMBRÍAÉ. EDICIÓN 2025 e, en cumprimento do establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 de Protección de Datos Persoais (RGPD), serán tratados para as seguintes finalidades:
-Xestión da inscrición, verificación e selección de fotografías, así como autorizacións de utilización de imaxes.
3. Cal é a lexitimación na cal se basea a licitude do tratamento?
A lexitimación para tratar os seus datos persoais baséase no art. 6.1 a) do RXPD: “o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos”.
4. Como exercer os seus dereitos? Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Pode exercitar, se o desexa, os dereitos de acceso, rectificación e supresión de datos, así como solicitar que se limite o tratamento dos seus datos persoais, opoñerse ao mesmo, solicitar no seu caso a portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión individual baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís.
Segundo a Lei 39/2015, o RGPD e a lei Orgánica 3/2018, pode exercitar os seus dereitos por Rexistro Electrónico do Concello de Dumbría, no Rexistro Presencial no enderezo arriba indicado, ou nos lugares e formas previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, preferentemente mediante o formulario de solicitude “Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais”.
5. Tratamentos que inclúen decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís, con efectos xurídicos ou relevantes.
Non se realizan.
6. Por canto tempo conservaremos os seus datos persoais?
Os datos manteranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron así como o período no que puidesen derivarse responsabilidades xurídicas. Así mesmo, deberán conservarse durante os períodos establecidos na normativa de arquivos e patrimonio documental do Concello de Dumbría.
7. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Os seus datos poderán ser comunicados nas RRSS oficiais do Concello (o que pode supoñer unha transferencia internacional de datos) así coma na web institucional do Concello, en prensa e nas publicacións dirixidas a promover o concello e os seus recursos.
En caso de requirimento: Forzas e Corpos de Seguridade das estado/Autoridades Xudiciais.
8. Dereito a retirar o consentimento prestado para o tratamento en calquera momento.
Cando o tratamento estea baseado no consentimento explícito, ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada, nin ao cumprimento das obrigas legais aplicables ao responsable.
9. Dereito a presentar unha reclamación #ante a Autoridade de Control.
Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos http://www.aepd.es se non está conforme co tratamento que se fai dos seus datos persoais.
10. Información adicional.
Poden consultar a información adicional e detallada da información e da normativa aplicable en materia de protección de datos na web da Axencia Española de Protección de Datos http://www.aepd.es, así como na política de privacidade do Concello de Dumbría na dirección: https://www.dumbria.com/pol%C3%ADtica-de-privacidade
PARTICIPACIÓN DE USUARIOS E RESERVA DE DEREITOS
O Concello de Dumbría resérvase o dereito a descualificar a calquera participante se existe calquera sospeita de uso fraudulento das ferramentas e na forma de participar no concurso. Por este motivo, poderanse tomar as medidas oportunas tales como, bloquear usuarios, descualificar contidos ou usuarios, ou calquera outra acción que se estime oportuna. A través desta ferramenta, o Organizador poderá saber, ao finalizar o período de participación, se o participante incorreu en prácticas fraudulentas co fin de obter máis votos. Se o valor do Índice de Fraude da súa participación é igual ou superior ao 100%, o Organizador resérvase o dereito de descualificar o participante e declarar nula a súa participación.
O Concello de Dumbría resérvase o dereito de modificación e borrado de calquera contido duplicado, erróneo, que se considere fora de contexto ou calquera outro criterio que crea adecuado.
O Concello de Dumbría resérvase o dereito de suspender ou eliminar aquelas achegas ou comentarios que incumpran estas condicións. A presentación de traballos neste concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. O incumprimento dalgún dos seus apartados levarían implícita a exclusión do concurso da obra presentada. Se as bases fosen modificadas a criterio da organización, comunicaríaselles oportunamente a todas as persoas interesadas.
Dereitos sobre as fotografías
Todas as persoas que participan no concurso declaran que son autores, e titulares dos dereitos de explotación, das fotografías enviadas a concurso, e ceden de forma gratuíta ao Concello de Dumbría todos os dereitos de difusión, distribución, comunicación pública, reprodución e explotación das fotografías enviadas a concurso, de maneira que o concello de Dumbría poida reproducilas e comunicalas pública e gratuitamente. Na súa publicación, o Concello de Dumbría, sinalará unicamente o nome e apelido da persoa participante, sen condicionamento algún e sen que iso supoña o pago de contraprestación ningunha á persoa participante. A eses efectos, os participantes dan o seu consentimento ao Concello de Dumbría para que tanto cada fotografía como o nome do seu autor aparezan en calquera material informativo e promocional, xa sexa impreso ou dixital, prensa e en Redes Sociais. Cada participante faise responsable de calquera reclamación que poida derivarse da utilización do material fotográfico ao que se refire a cesión recollida neste documento e da totalidade das consecuencias de calquera eventual reclamación que se formule contra o Concello de Dumbría pola utilización das fotografías enviadas a concurso, incluídas sen ánimo exhaustivo non só as de quen pretenda ostentar dereitos sobre a obra senón tamén as reclamacións que se formulen por terceiros cuxa imaxe poida aparecer nas fotografías, comprometéndose cada participante para manter indemne ao Concello de Dumbría de calquera reclamación derivada da utilización das referidas fotografías, así como das consecuencias da mesma.
Garantías do participante
Coa aceptación destas bases a persoa participante manifesta e garante ser o autor material das fotografías, que son orixinais e que non as plaxiou ou usurpou a terceiros. Así mesmo, declara que dispón do consentimento expreso e inequívoco das persoas identificables que aparezan na fotografía coa que participa, así coma de cantos permisos sexan necesarios por parte dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual, industrial, imaxe e/o calquera outros sobre a fotografía e/ou sobre os contidos insertos na fotografía ou fotografías coas que participaron no Concurso.
En calquera caso, o autor ou autora das fotografías presentadas a concurso responsabilízase totalmente de calquera reclamación que poida derivarse da utilización do material fotográfico ao que se refire a cesión recollida neste documento e da totalidade das consecuencias de calquera eventual reclamación que se formule contra o Concello de Dumbría e os patrocinadores do Concurso, incluídas as reclamacións que se formulen por terceiros cuxa imaxe poida aparecer nas fotografías.
No caso de aparecer nas fotografías menores de idade, o participante declara expresamente que conta coa autorización do pai, nai ou titor dos menores de idade para que estes poidan aparecer fotografados e as imaxes ser publicadas.
Pola súa banda, o Concello de Dumbría, resérvase o dereito de rexeitar aquelas fotografías que considere que non se cingan á temática do concurso, que atentan contra a legalidade ou que poidan resultar ofensivas para outros usuarios.