
Contos do Mar
🎧🌊 Contos do mar é un proxecto participativo, desenvolvido en Carnota, Dumbría e Fisterra, baixo a coordinación da confraría do Pindo, que pretende poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira a través das historias de vida da xente local e audioguías ficcionadas que recollen a memoria dos lugares.
QUE É?
A audioguía é unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.
No caso de Dumbría é no Ézaro, vai dende o Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro ata a propia Fervenza do Ézaro.
QUEN PODE REALIZAR O PASEO?
O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.
No caso do Ézaro é un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.
COMO FUNCIONA?
Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!
ONDE SE CONSEGUEN?
Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.
No caso de Dumbría sería na Oficina de Turismo do Ézaro ou no CIR, en función da época do ano.
PREZO
Tarifa Básica: 2 €
Tarifa Reducida: 1 € (grupos de máis de 5 persoas)
#DumbríaéTurismo #PatrimonioInmaterial #ContosdoMar #Dumbría #OÉzaro #AudioguíaFiccionada