Imaxes premiadas no Concurso #DumbríaÉ 2025
O pasado 8 de novembro entregábamos os 12 premios do concurso de fotografía #Dumbríaé do Concello de Dumbría.
O xurado composto pola a concelleira de Cultura Educación e Turismo, María Lema Santabaya, o periodista de La Voz de Galicia Santiago Garrido e a formadora en novas tecnoloxías Verónica Ramallal, tivo a difícil tareda de seleccionar soamente 12 fotografías, das case 300 presentadas nesta edición.
O xurado destaca a gran cantidade de fotografías achegadas nesta edición así como a calidade das mesmas, e a variedade temática: patrimonio, oficios, branco e negro, veciñanza, miradoiros, Pedra do Brazal, ríos, fauna, Vákner, solpor, Fervenza do Ézaro, carballeira e Ponte Peón. Buscando reconocer o patrimonio etnográfico e das persoas que viven en Dumbría e acorda as seguintes 12 fotografías como as gañadoras do concurso #Dumbríaé edición 2025:
FOTO 1: “NÉBOA” no Ézaro de ABEL CASTRO
FOTO 2: “NATUREZA VIVA” - Carballeira de Berdeogas obra de SAMUEL LÓPEZ
FOTO 3: “TARDE DE TRABALLO NA LEIRA, EN ALVARELLOS – obra de ZAIRA LAGO
FOTO 4: “SOLPOR DENDE A PONTE DO ÉZARO– obra de MICHAEL GRILLE SANTIAGO.
FOTO 5: “TEMPO DE COLLEITA EN DUMBRÍA” - obra de MACARENA CAPELO.
FOTO 6: “OS PENDELLOS DE PONTEOLVEIRA” obra de LEONARDO MOREIRA LEMA.
FOTO 7: “UNHA NOITE DE ESTRELAS DENDE BUXANTES”- obra de LUCÍA CAMBEIRO.
FOTO 8: “A PEDRA CABALGADA” DE ENRIQUE VARELA
FOTO 9: “O VÁKNER O O SANTIAGUIÑO” - obra de TANIA MATÍAS BOUZA
FOTO 10: “Panorámica dende o MIRADOR DE ÉZARO” de DIANA RAMOS
FOTO 11:“UN DÍA DE OUTONO PASEANDO POR DUMBRÍA” - de CAROLINA PÉREZ CAPELO
FOTO 12: “PLANTANDO A HORTA” obra de SORAYA SENRA SANTABAYA
Podes ver todas as imaxes participantes nesta edición en https://dumbria.gal/gl/concurso-de-fotografia
Prémianse así un total de 12 fotografías. Cada fotografía obtén un premio consistente nun bono de 100€ a consumir nun establecemento hostaleiro/comercial no Concello de Dumbría que virá indicado en dito bono.
Tal e como se especifican nas bases da convocatoria, as fotografías participantes poden usarse para promocionar e difundir o patrimonio do Concello de Dumbría
BONO*: Valorado en 100€ a consumir nun único establecemento** hostaleiro, a elixir entre os participantes nesta campaña do Concello de Dumbría
*Suxeito á dispoñibilidade do establecemento, debendo reservar directamente co establecemento
Data de caducidade do bono: 31 xaneiro 2026
** Establecementos participantes:
Restaurante – Albergue Casa Manola (Olveiroa)
Restaurante – Pensión*** As Pías ( Olveiroa)
Resturante – Pensión* A Pedra (O Logoso)
Bar – Albergue O Casteliño (Hospital)
Hotel** Mar do Ézaro (O Ézaro)
Café-Bar A Cascada (O Ézaro)
Restaurante Mar e Terra (O Ézaro)
Cervexaría – Xeadería O Forcado (O Ézaro)
- Restaurante O Cruceiro de Berdeogas (Berdeogas)