Neste enclave tivo lugar unha encarnizada loita o 12 de abril de 1809 cunha tráxica derrota dos dumbrieses.
https://www.youtube.com/watch?v=nG1ArvAokJI
Explora Dumbría – A Ponte Olveira - Olveiroa – Dumbría
A chegada do exército francés a Galicia, perseguindo ao inglés, capitaneado por Moore, deu lugar o 16 de xaneiro de 1809 á encarnizada batalla de Elviña, na Coruña.
Parte deste exército dirixiuse a Santiago e, dende alí, á comarca de Fisterra. Os veciños, coñecedores do seu paso polo río Xallas no lugar da Ponte Olveira, organizáronse para facerlle fronte a través da creación dunha Xunta de Defensa con domicilio en Corcubión. Nela participou, entre outros, o cura do Ézaro, Juan Domingo Pizpieiro.
A feroz batalla na Ponte Olveira traduciuse nunha brutal derrota e perda de vidas humanas por parte da veciñanza. Moitos dos cadáveres foron recollidos varios quilómetros río abaixo. O exército francés, formado por uns 2.000 soldados eufóricos pola vitoria, continou o camiño cara Cee e Corcubión deixando tras de si máis mortes e destrución. Queimaron os arquivos parroquiais de Olveira e Olveiroa. Esnaquizaron a capela, o cruceiro e parte do lugar de Hospital. Aniquilaron aos habitantes e o caserío do lugar de Casas de Maias, queimaron a capela e mataron aos habitantes do lugar de Fonte Santa, en Buxantes.
Pouco máis adiante da ponte, continuando en territorio dumbriés, hai unha finca onde tiña lugar unha primitiva feira de gando, xa desaparecida en 1955.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA CLAUDIA!! Moitas grazas por respectar a normativa vixente con relación á COVID19! Agardamos unha nova visita! Para o ano terás que vir ver a Fervenza do Ézaro iluminada 😉
Ao longo destes último meses tan diferentes, Natalia, a nosa teacher, quixo estar preto dos nenos e nenas de Dumbría, compartindo con eles algunhas das cancións que os sábados cantabamos no Dumbría Speaksdo Conco.
🇬🇧🎵👋 Goodbye Song:
Vocabulario de accións básicas: clap your hands, turn around, jump up high, sit down, stand up, goodbye, see you again....
https://www.youtube.com/embed/I1CAJwvVVrI
🇬🇧🎵👆 One Little Finger:
Para aprender o nome dalgunhas partes do corpo: chin, arm, leg, foot,...
https://www.youtube.com/embed/d_dGgk4nDdw
🇬🇧🎵😃💪🦵🦶 HEAD, SHOULDERS, KNEES & TOES
Repasamos o nome de diferentes partes dos corpo?
https://www.youtube.com/embed/zQpj9vLbHWY
🇬🇧🎵🖐 Finger Family Song:
Para repasar o nome dos membros da Finger Family: daddy, mommy, brother, sister and baby finger.
https://www.youtube.com/embed/0Iahb30iDb0
🇬🇧🎵🖐👊 Open Shut Them:
Para traballar os opostos: open/shut, big/small, please/no thank you, fast/slow, loud/quiet,...
Tan só fan falta uns dados, tapóns de botella, papel, pinturas e poñerlle ganas e ilusión para fabricar o teu propio xogo de mesa na casa. Con estes poderedes traballar o cálculo mental, as operacións básicas,... as mates!
Iago, monitor do concello de Dumbria, deixouvos algún exemplo nas nosas redes.
Son xogos para tódalas idades, para peques e maiores, só tedes que adaptalos.
Aquí vos quedan. Animádevos a xogar e aprender, todo a unha!
Nesta área destacamos especialmente o cruceiro do Marco do Couto. Este elemento patrimonial está formado por un cruceiro con escaleira, pedestal e varal cilíndrico. Na súa cara principal pódese observar a Xesucristo Crucificado e no reverso atópase a figura da Piedade.
É un costume habitual que os peregrinos que van de Camiño a Fisterra depositen na base do cruceiro flores e pedras e, en ocasións, outros enxovais a modo de ofrenda. Unha práctica, cando menos, cuestionable.
Moi preto do cruceiro hai unha pedra gravada cunha “C” e una “R” que pode facer referencia ao Camiño Real.
Toda encrucillada de camiños en Galicia está envolta nese halo de misterio, de sitio máxico onde a morte, o máis alá e a unión entre o mundo dos vivos e o dos mortos están sempre moi presentes.
Recomendámosvos visitalo tamén nun día deses de néboa, tan habituais nestas terras, no que quizáis teñades oportunidade de ver o Vákner. Quen sabe? A atmosfera é a propicia.
Paula, normalizadora lingüística do concello de Dumbría, tamén estivo presente nas nosas redes durante estes meses tan especiais e "raros" que nos tocou vivir.
Tróuxonos preciosas historias e tamén algún consello ben interesante.
Botádelle un ollo!
🐱 O GATO ZARPAS:
https://www.youtube.com/embed/GBiJ17xQ5wg
👵🛶 HISTORIAS VIVAS. O BARQUEIRO ENTRE O ÉZARO E O PINDO:
https://www.youtube.com/embed/u8Thewzt40Y
📕👶👧👦 A IMPORTANCIA DOS CONTOS:
https://www.youtube.com/embed/P9mwwG7JLK4
🔠👅 LETRAS GALEGAS. CARVALHO CALERO E AS ALUMNAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS.
https://www.youtube.com/embed/ppRXRUPHRFg
🔠👅 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020. AS CRIANZAS DE DUMBRÍA TAMÉN O CELEBRARON.
O Pozo Encantado de Salgueiros é tamén coñecido como O Pozo Negro. Está emprazado no río Bustelo, preto da desembocadura do Río Castro.
O pozo foi feito como consecuencia dunha fervenza duns 4 metros de alto que, co paso dos séculos perforou a rocha ata crear unha enorme pía, ao mesmo tempo que parte do caudal lograba fuxir por un camiño estreito provocando un pozo con abundantes remuíños.
Na súa beira dereita está unha gran rocha que sostén un antigo muíño fariñeiro coñecido como Muíño do Pozo. Este muíño é anterior ao 1753 e era propiedade do presbítero Roque de Noya, do lugar de Prado (Salgueiros).
Os veciños da comarca cren que o muíño está enmeigado e así o transmitiron de xeración en xeración , creando medo na xente que pregunta por el. Hai quen di que pola noite aparecían luces brillantes que manaban do pozo, acompañadas de choros e lamentos na contorna da fervenza. Todo este medo debeu xurdir tralo afogamento dun veciño a finais do século XIX en estrañas circunstancias.
Na metade do século XX suicidouse unha muller, tirándose do alto da rocha e os lugareños de Pazo e Cernado pasaron moitos traballos para recuperar o corpo.
Este lugar é coñecido como Leiras da Prata e na súa contorna había catro cruceiros. Antes da Guerra Civil, xurdiron acontecementos misteriosos... O Cruceiro de Reboredo, o do Petón dos Muíños e a Cruz de Pazo desapareceron sen deixar rastro. Segundo xente maior do lugar de Prado, o Cruceiro de Ceáns estaba nunha finca privada. O dono rompeuno para pechar unha leira e a partires dese momento esa familia comezou a sufrir tremendas desgrazas ata desaparecer toda ela.
Todas estas historias quedaron moi gravadas na memoria da xente do lugar e así o foron transmitindo de xeración en xeración, creando un halo de misterio e de medo arredor do Pozo Encantado.
A enerxía hidráulica foi empregada dende a antigüidade para moer a fariña e para realizar outras tarefas. No Concello de Dumbría a hidroelectricidade ten unha marcada presenza.
Son catro os encoros existentes no río Xallas-Ézaro, cuxa principal función é a de controlar o caudal do río para o funcionamento das centrais hidroeléctricas e como abastecemento de auga para outros concellos da zona.
O encoro que se atopa no primeiro tramo do río é o Encoro da Fervenza, un dos máis importantes da provincia da Coruña. Abrangue terreos dos concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Foi construído en 1967.
Hai máis de 50 anos que gran parte da parroquia mazaricana dos Vaos quedou baixo as augas do río Xallas debido á construción do encoro. Ducias de familias tiveron que abandonar as súas vivendas e as súas terras. Agora só quedan a igrexa, o cruceiro e as sepulturas que foron trasladadas, pedra a pedra, ata a aldea do Niñán.
Esta presa xera parte da enerxía que emprega Xeal nas súas fábricas de ferroaleacións. Antigamente o que agora é o encoro da Fervenza, era unha canteira de rutilo ou óxido de titanio, un mineral estratéxico entón empregado sobre todo na soldadura como material para os eléctrodos. Aínda que tamén se empregaba na época como substituto do diamante para producir xemas ou como base de titanio metálico. Hoxe en día, este tipo de material emprégase na tecnoloxía láser.
Galicia está situada nun punto estratéxico da xeografía, a cabalo entre dous mundos diferentes, a rexión atlántica e a mediterránea, o que lle permite atopar nun reducido espazo especies características destas dúas áreas bioxeográficas.
AULA NATUREZA DE VILAFERNÁNDEZ
A área recreativa de Vilafernández localízase nun paraxe inigualable, ao carón do encoro da Fervenza. Esta área conta cun parque infantil, un refuxio con chemineas a disposición de calquera usuario previa reserva e sen custe, ademais de aseos e de varios puntos de observación de aves.
Dende o observatorio ornitolóxico pódese contemplar un amplo espazo natural poboado de aves acuáticas de diferentes especies onde atoparon un lugar no que vivir, especialmente no inverno, cando acolle aves procedentes de latitudes máis setentrionais.
A profundidade do Encoro da Fervenza non é moita, polo que é un bo lugar para observar aves que se alimentan no fondo e capturan peixes mergullándose.
MELLOR ÉPOCA: De decembro a marzo e de setembro a outubro.
PUNTOS CHAVE:
Os campos que rodean o encoro en inverno son un bo sitio para observar o escaso pimpín do norte e os tordos reais.
Nas augas abertas do encoro é frecuente o mergullón cristado todo o ano e, no inverno, o pato chupón e o cormorán moñudo.
En primavera e outono podemos ver outras especies en migración como a gaivota escura ou o a gaivina negra.
En primavera podemos observar o millafre negro e o falcón peregrino.
É, sen lugar a dúbidas, un lugar paradisíaco para os amantes da ornitoloxía.
‼ Se nos visitas vindo de fóra da comunidade autónoma galega, sexas ou non de Galicia 👇
https://www.youtube.com/watch?v=QFeICslwcFE
💦 FERVENZA DO ÉZARO & COVID19
En Dumbría temos en marcha un programa de protección e información directa á veciñanza pola COVID-19. Un plan participativo, en beneficio de todos, e queremos seguir sendo un concello seguro.
Estamos desexosos de volverte a ver polo noso Concello e compartir xuntos a fermosa Fervenza do Ézaro.
Por iso pedímosche a túa colaboración para seguir facendo de Dumbría un concello seguro para todos.
Sigue a recomendacións e goza Dumbría.
https://www.youtube.com/watch?v=vQtzNWx8LmE
Este ano non haberá iluminación nocturna para evitar aglomeracións, como medida de prevención fronte á COVID-19.
⚠ AVISO:
Durante as fins de semana do verán, o acceso á Fervenza do Ézaro estará regulado por membros de Protección Civil do Concello de Dumbría para tratar de ordear o espazo limitado do entorno da Fervenza do Ézaro, co fin de evitar atascos e fomentar unha mellor experiencia por parte de todos os visitantes.
😷Agradecemos de antemán a comprensión e non esquezan a máscara no coche!
ℹ OIT ÉZARO & COVID19
https://www.youtube.com/watch?v=fAeYsXpVa5s
A Oficina de Turismo do Ézaro, Dumbría, aposta polo TURISMO SEGURO e, para iso, ten en marcha un protocolo Covid19.
O seu bo funcionamento depende de todos: técnicas de turismo + visitantes + persoal de limpeza e desinfección.
🚽 ASEOS PÚBLICOS & COVID19
💦👏😷 Non esquezas a máscara nin desinfectar as mans antes de entrar aos WC públicos.
https://www.youtube.com/watch?v=F-tPJcPX2bo
👍 Gozar dun verán atípico pero fóra da casa depende de todos!