Ir o contido principal

ILUMINACIÓN NOCTURNA FERVENZO DO ÉZARO 2022

Miniatura Noticia

Calendario da iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro.

XUÑO:

  • xoves 23
  • sábado 25

XULLO:

  • sábado 2
  • sábado 9
  • sábado 16
  • sábado 23
  • domingo 24
  • sábado 30

AGOSTO:

  • sábado 6
  • sábado 13
  • domingo 14
  • sábado 20
  • sábado 27

SETEMBRO:

  • sábado 3
  • sábado 10
  • sábado 17

ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2022

Miniatura Noticia

☀️🏊‍♀️ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2022

Aberto o prazo de solicitude para participar nas actividades estivais, que terán como base as instalacións do Conco.

PREINSCRICIÓNS ata o 24 de xuño, cubrindo o formulario: https://bit.ly/39anAIb

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.

𝐒𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐬 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐨 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨, 𝐚𝐜𝐡𝐞́𝐠𝐚𝐭𝐞 𝐚́ 𝐭𝐮́𝐚 𝐜𝐚𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐨𝐥𝐚𝐬 𝐭𝐚𝐫𝐝𝐞𝐬.

+ info Concello: 📞 981 744 001

#Dumbría#DumbríaéCultura#DumbríaéDeporte

I FESTIVAL VÁKNER

Miniatura Noticia

28 DE MAIO

11:00 H - NO MARCO DO COUTO - DUMBRÍA

> Entrega dos premios do certame literario Territorio Vákner.
> Descubrimento da escultura do Vákner obra de Cándido Pazos.

21:00 H NO CONCO - DUMBRÍA CONCERTO DE: LUAR NA LUBRE e amigos.

> Artistas invitados: VÍCTOR MANUEL, ISMAEL SERRANO E CARLOS GOÑI (Revólver).
> Colaboración de Alexandra Suárez.
> Apertura do festival a cargo dos ”Gaiteiros de Buxantes”.
Para asistir ao concerto da noite é imprescindible reservar entrada, que será gratuíta.
Podes obtela en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/o-conco/13834--i-festival-vakner.html ou nas oficinas municipais do Concello de Dumbría.

𝐂𝐞𝐫𝐭𝐚𝐦𝐞 𝐥𝐢𝐭𝐞𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐓𝐞𝐫𝐫𝐢𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐕𝐚́𝐤𝐧𝐞𝐫

Miniatura Noticia

Este ano o concurso ten 𝐝𝐮́𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬:

✏️ II edición do Concurso Contos de Misterio no Camiño: Concurso 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫, con dúas categorías nas que poderán participar os centros educativos dos concellos polos que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía:

➡️ 3º ciclo de Primaria: 5º e 6º curso

➡️ Educación Secundaria Obrigatoria

Extensión máxima 1.500 caracteres

✏️ I Edición Certame de Relatos de Misterio no Camiño: dirixida a 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐚𝐝𝐮𝐥𝐭𝐚𝐬 (maiores de 16 anos).

Extensión entre 4.000 e 6.000 caracteres

A temática gardará relación cos misterios no Camiño de Fisterra e Muxía, a figura do Vákner e terá como escenario esta ruta.

Consulta as bases ⬇

https://www.canalvoz.com/2022/bases_adultos_peques_ok.pdf #Dumbría #DumbríaéCultura #Vákner #TerritorioVákner #CamiñoFisterraMuxía

La Voz de Galicia - RadioVoz

🎭 ENTROIDO 2022

Miniatura Noticia

🎭 ENTROIDO 2022

Este ano as Casas Culturais municipais serán o lugar no que os máis pequenos da casa celebren o entroido.

Os días non lectivos (luns e martes de entroido e mércores de Cinsa) poderán participar nas xornadas entroideiras, coa confección de 𝐦𝐚́𝐬𝐜𝐚𝐫𝐚𝐬 e elaborando 𝐝𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 da época de entroido.

Os nenos e nenas que veñan disfrazados recibirán un agasallo.

E haberá 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐨𝐫𝐢𝐱𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 en todas as casas culturais.

#Dumbría #entroido2022

🎄 PROGRAMACIÓN NADAL 2021/2022

Miniatura Noticia

🎅 Ao longo desta semana, Papá Noel falará con todos os nenos e nenas que asisten ás clases de informática nas diferentes Casas Culturais.

Se o teu neno/a non está asistindo a estas clases, pero queres que Papá Noel contacte con el/ela, chama ao Concello, ou pregunta na túa casa cultural, e xestionámoslle unha cita co Polo Norte.

📫 Nas Casas Culturais atoparedes caixas de correo nas que depositar as vosas cartas a Papá Noel, o Alpalpador, ou os Reis Magos.

👨‍🍳👩‍🎨 A partir da vindeira semana levaranse a cabo obradoiros de cociña e manualidades infantís. Realizaranse en quendas e grupos pequenos.

🎼🎭🎩 Tamén teremos música, maxia, títeres e contacontos.

👑 A tarde do 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitarán as Casas Culturais do concello.

OLLO! Os aforos estarán limitados en todas as actividades, con preferencia de entrada para o público infantil.

😷 Será obrigatorio o uso de máscara en todas elas.

#DumbríaéCultura #Dumbría

ACTUACIÓNS CULTURAIS VERÁN 2021

Miniatura Noticia

Recollemos aquí as actuacións culturais previstas para este verán 2021 no concello de Dumbría, que iremos actualizado cada semana.

👣Polas beiras do Fragoso. #DumbríaAPé

Miniatura Noticia

👣 #DumbríaAPé

Polas beiras do Fragoso
Invitámoste a camiñar por #Dumbría con nós.
Verde, auga, natureza, paz...

https://www.youtube.com/embed/yd8BoamxovM

#Dumbría #ríoFragoso #TerritorioVákner #DumbríaéNatureza

PREINSCRICIÓN ACTIVIDADES INFANTÍS VERÁN 2021

Miniatura Noticia

Actividades infantís deportivas e culturais_ xullo e agosto 2021

  • Xogos e dinámicas para o tempo libre
  • Actividades na natureza
  • Rutas de sendeirismo
  • Iniciación a diversas disciplinas deportivas (fútbol, volei, kaiak...)
  • Cursos de natación
  • Obradoiros de ciencia, manualidades, animación á lectura...


📆 𝐏𝐑𝐄𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟏𝟗 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨 cubrindo o formulario 👉https://bit.ly/2Sa8zO5

Non se admitirán solicitudes presentadas fóra de prazo.
+ info Concello: 981 744 001


Dirixidas a nenos e nenas nacidos/as entre 2007 e 2017.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá, preferentemente.

Unha vez tramitadas as preinscricións, comunicaranse os admitidos/as, o funcionamento exacto e as localizacións das actividades.

ACTUACIÓNS CULTURAIS OUTONO 2021 NAS BIBLIOTECAS

Miniatura Noticia

Este outono continuamos coa programación de actividades nas bibliotecas financiadas a través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Actividades organizadas pola Biblioteca e as Axencias de Lectura Públicas do Concello de Dumbría.