Ir o contido principal

Cursos de Volei Praia 2019 do Concello de Dumbría.

Miniatura Noticia
Cartel

CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO DE VOLEI PRAIA.

  • Idades: nenas e nenos a partir de 10 anos e tamén adultos
  • Meses: Xullo e Agosto
  • Días: Luns, martes e xoves.
  • Horarios: nenas e nenos de mañá, de 11:00- 13:30 h
  • Prezos: 1 mes: 40 euros // 2 meses 70 Euros

Podes contactar para máis información c con David: 692555784 e Néstor: 603895558.

#voleidumbría #voleipraia #cursos #costadamorte

PISCINA MUNICIPAL DE DUMBRIA

Miniatura Noticia

Xa está aberta a piscina de Dumbría.

O horario é de luns a sábado de 15:30 a 20:00 nos meses de xullo e agosto.

O acceso e baño é libre.

#Dumbríaédeporte

Gran Fondo Ezaro 2019

Miniatura Noticia

GRAN FONDO ÉZARO. 07/07/2019

Estamos en la recta final para encontrarnos con todos vosotros!

El próximo domingo 7 de julio toda a Costa da Morte vivirá un evento deportivo único; el Gran Fondo Ézaro, prueba cicloturista que forma parte del calendario UCI Gran Fondo World Series.

En 2019 vuelve a ser la única prueba en España que forma parte del circuito internacional UCI GRAN FONDO WORLD SERIES, desarrollado por el máximo organismo mundial de ciclismo y que incluye a las más prestigiosas pruebas ciclistas del mundo".


El GRAN FONDO ÉZARO está formado por dos rutas:
- RUTA LARGA->CASCADA DO ÉZARO – ALTO MIRADOR DO ÉZARO. 145,40Km, con 2.877 metros de desnivel.

- RUTA CORTA->CASCADA DO ÉZARO – ALTO MIRADOR DO ÉZARO. 80,10Km, con 1.815 metros de desnivel.

Por este motivo los días 5, 6 e 7 de JULIO el ACCESO EN VEHÍCULO a la CASCADA DE O ÉZARO estará CERRADO.

Con el motivo de la celebración del Gran Fondo Ézaro 2019 el día 7 de julio, el acceso a la cascada Fervenza do Ézaro estará cerrado para cualquier tipo de vehículo.

Todos aquellos que deseen visitar la cascada alguno de esos días tendrán que hacerlo a pié. Deberán estacionar en la carretera AC-550 a su paso por O Ézaro y realizar un paseo de unos 500 metros para finalmente llegar a la cascada.

Gracias por la comprensión y disculpen las molestias que pueda ocasionar el evento.

Toda la información del evento en: www.granfondoezaro.com

Que no te lo cuenten: vive el único evento en España dentro de la UCI Gran Fondo World Series. No faltes!

Toda la información en :www.granfondoezaro.com

-----------------------------------------------------------------------

Don't let them tell you about it: enjoy this UCI Gran Fondo World Series event, the only one in Spain. Don't miss it!

More info in_ www.granfondoezaro.com

EME SportsBanco Santander EspañaRed Eléctrica de EspañaGadisDecathlon EspañaCoca-Cola EspañaNorthboarBicicletas TRIKIMC bikesAdventurÉzaroSenrasportConcello de DumbríaConcello de CeeConcello de CarnotaConcello de Muros Concello De Muxia

Festa da Familia de Dumbría 2019

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:


Convídovos a todos e a todas a que vaiades preparando os
manteis para o vindeiro 21 de xullo, onde volveremos a
xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na gran
FESTA DA FAMILIA.


Espero que, un ano máis, a nosa fermosa Carballeira de
Berdeogas luza chea de cores e mesas repletas de alegría
e diversión. Esta segue sendo unha gran romaría familiar, xa
coñecida pola súa hospitalidade, onde todo o mundo é
benvido e onde nos encanta compartir o espírito festivo e
alegre que temos en Dumbría.


Queremos que tódolos amigos de Dumbría veñan gozar da
nosa festa máis querida, e aqueles que nos visiten por
primeira vez agardámolos co corazón nas mans.
Dumbría, unha gran familia.
Un saúdo e boa festa.


PROGRAMA

12:30 h Misa ao aire libre.
SESIÓN VERMÚ. Orquestra “NUEVA FUERZA”
XOGOS INFANTÍS
XANTAR NA CARBALLEIRA:
Empanada, churrasco, pan e viño.

ACTUACIÓNS

Monólogo de MARCOS PEREIRO - “Como ser armario empotrado”.

Coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Xacobeo 21.

Pandereteiras da Asoc. As Neves de Buxantes
GAITEIROS DE BUXANTES”
Grupo de Gaitas MAZARICOS
Fin de festa coas Orquestras: “FINISTERRE” e “NUEVA FUERZA”


"Poderanse adquirir os tíckets para a comida e reservar
mesa nas oficinas municipais, antes do día 18 de xullo
".

Díptico PDF:

ACTIVIDADES ESTIVAIS NO CONCO 2019

Miniatura Noticia

Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o programa de actividades estivais adicadas a nenos e nenas a partir dos 5 anos.

Polas mañás, entre as 11 e as  13 h, realizaranse actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco.

Para participar débese entregar unha solicitude  firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

FESTA FIN DE CURSO 2019

Miniatura Noticia

O verán está chamando á porta así que imos recibilo como toca.Para ir abrindo boca, o mércores 26 de xuño, entre as 11:00 e as 17:00 horas, celebraremos unha festa infantil de fin de curso no areal do Ézaro.

Gozaremos de actividades deportivas, xogos na praia, xogos populares,... Nela poden participar todos os nenos e nenas do concello, a partir dos 4 anos.
Para iso débese entregar unha autorización firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

descargar autorización:

Primeira Subida a Dumbría

Miniatura Noticia

En primeiro lugar, desde Senra Sport queremos dar as grazas a tod@s a cada un dos pilotos participantes. Foi un pracer teros en Dumbría. Grazas a Pablo Rey; Miguel Ángel García; Jacobo Senín; Abraham Vázquez; Carlos Lorenzo; Adrián Sabajanes; José Antonio López-Fombona; Manuel Senra; Javier Carballo; José Espiño; Juan Manuel López; Santiago García; Abel Barreiro; Carlos Rodríguez; Miguel Suárez; José Luis Filgueira; Manuel Ángel Juncal; José Luis Carrera; Roberto Torres; Pedro Castro; José Antonio Otero; Luis Torres; Juan Pablo Barrio, Antonio Rodríguez; Ramón Louro; Sabino García; Álvaro José Rodríguez; Alfonso Quintas; José Manuel Piay; Antonio Bermúdez; Roberto Barreiro; Anxo Lariño; Sergio Tabeayo; Diego Gómez; Sergio Dosil; Diego Iglesias; Donato Santome; Óscar Franco; Santiago Gómez; Alfonso Cabral; Francisco Javier Gil; Andrea Barral; Israel Lamas; Olalla Fabeiro; Diego Rodríguez; Francisco Leiro; Juan José Montes; Carla Baz, e Jorge Barca.

Podedes ver algunhas fotos do evento no Album

Noraboa aos gañadores nas distintas categorías da proba. Neste enlace podedes consultar as diferentes clasificacións e os tempos: http://temposfga.es/1-subida-a-dumbria/

GRAZAS a tod@s os que estivechedes en Dumbría desfrutanto da proba! Preto de 3.000 persoas deron vida ao evento e ás rúas do concello, nun fin de semana inesquecible para todos.

Video da primeira edición: https://youtu.be/yyH9bYMIZ9I

Fonte: Senra Sport Olveira

A primeira vez: Talía Teatro

Miniatura Noticia

 Dende fai anos Talía Teatro caracterízase por ser unha compañía cun amplo repertorio. O autor deste espectáculo é un autor contemporáneo da nova escena europea, Michal Walczak.

‍‍ "A PRIMEIRA VEZ" é un drama disfrazado de comedia.

Día: Venres 31 de maio de 2019

Hora: 21:30 h

Lugar: Auditorio da Casa de Cultura de Olveira, en Dumbría

⚠ PÚBLICO: +13 ANOS !!!

ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.

 SINOPSE:
É a décima vez que soa o teléfono na metade da noite. Despois de atravesar a cidade horriblemente iluminada, no medio da chuvia, deambular entre bloques de vivendas, atopar o edificio, a escaleira, o piso e a porta ..., el e ela confróntanse para trazar o itinerario da súa primeira vez.

A primeira vez conta, polo tanto, a primeria relación amorosa de Mada e Carlos. Unha relación baseada na planificación exhaustiva dun primeiro encontro perfecto, coidado e medido ata o último detalle, pretendendo converter esa mitificada primeira vez en ideal, tendo que sacrificar a súa verdadeira emoción para acadar unha verdade ensaiada, teatralizada, polo tanto falseada.

👥

 REPARTO:
Intérpretes: María Ordóñez e Toño Casais.
Escenografía e iluminación: Dani Trillo.
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro.
Espazo sonoro: Diego Rey.
Deseño gráfico, fotografía e vídeo: Rubén Prieto.
Producción: Artur Trillo e Auri Ferreiro.
Axudante de dirección: Martina Cambeiro.
Versión e dirección: Artur Trillo.

🎫

 ENTRADAS-INVITACIÓNS:
De balde ata completar aforo.
Con antelación: nas Casas Culturais e/ou nas Oficinas Municipais do Concello de Dumbría a partir do luns 27.
Taquilla: abrirase 30min antes da función.

A Banda de Gaitas INVERNÍA en Dumbría

Miniatura Noticia

Dentro das Xornadas de Cultura +QLibros que estamos levando a cabo nos meses de abril e maio no Concello de Dumbría, contamos coa presentación da BANDA DE GAITAS DO GRUPO INVERNÍA.

O acto de presentación será:

Día: 17 de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas 2019

+ Lugar: Casa de Cultura de Olveira. Dumbría

+ Hora: 17:30 h.

+ Entrada libre ata completar aforo.

A banda de gaitas Invernía, da cal forman parte os Gaiteiros de Buxantes (Dumbría) serán os representantes de Galicia este ano no Festival Interceltico de Lorient, en Francia.

É un dos festivais de música folk máis importantes do mundo, e terá lugar en agosto no país veciño, Francia.

Non vos perdades a oportunidade de ver a este grupo actuando no DÍAS DAS LETRAS GALEGAS para todos nós!