🏡 CONFINAMENTO EN DUMBRÍA 💪
































































































































ℹ INFORMACIÓN - COVID19
COMUNICADO DO CONCELLO DE DUMBRÍA
IMPORTANTE‼

🔴 SE TES ALGÚN DESTE MATERIAL, PONO Á DISPOSICIÓN DO TEU CONCELLO PARA ACHEGARLLO AOS SERVIZOS SANITARIOS.
🖱 Se non o tes, COMPARTE esta publicación para que chegue á xente que si o ten!
☎️981 744 001❗️
RECORDÁMOSVOS QUE DEBEMOS PERMANECER NAS CASAS, SAÍNDO SÓ PARA COUSAS IMPRESCINDIBLES!
O PASEO DE MASCOTAS, TEN QUE LIMITARSE A TEMPOS E DISTANCIAS CURTAS.
NON É O MOMENTO DE REUNIÓNS SOCIAIS. HABEMOS TER TEMPO DESPOIS DE TODO ISTO PARA XUNTARNOS COS VECIÑOS E AMIGOS.
É RESPONSABILIDADE DE TODOS/AS.
🙌 GRAZAS!
#covid19
RD 463/2020 ESTADO DE ALARMA POLA CRISE SANITARIA DO COVID-19
🚨 ESTADO DE ALARMA.
🇪🇸 TODO O TERRITORIO NACIONAL.
🗓 15 DÍAS naturais.
👨⚖ AUTORIDADE COMPETENTE: Goberno, Ministra de Defensa, Ministro de Interior, Ministro de Transportes-Mobilidade-Axenda Urbana e Ministro de Sanidade.
👮♂ COLABORACIÓN con: Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Corpos de Policía Autonómicos, Locais e Protección Civil.
⌨ XESTIÓN ORDINARIA dos servizos.
🛑 LIMITACIÓN DE LIBERDADE DE CIRCULACIÓN das persoas. Só permitido:
- 🥖 Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
- 🏥 Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- 🧰 Desprazamento ao lugar de traballo.
- 🏡 Retorno ao lugar de residencia habitual.
- 👵 Asistencia e coidado de maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- 🏦 Desprazamento a entidade financeiras e de seguros.
- ‼ Por causa de forza maior.
- Calquera outra actividade similar que terá que facerse de maneira individual, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por causa xustificada.
- ⛽ Reposición en gasolineiras – estacións de servizo.
EN TODO CASO: respectar as recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias.
Ministro de Interior poderá acordar o peche da circulación de estradas ou tramos por razón de saúde pública, seguridade ou fluidez do tráfico.
Requisas temporais e prestacións persoais obrigatorias.
📚 MEDIDAS no ÁMBITO EDUCATIVO e da FORMACIÓN: actividade presencial suspendida. No caso se ser posible, manterase a través da modalidade a distancia e on-line.
🛒 MEDIDAS no ÁMBITO do COMERCIO, da CULTURA, do OCIO, da HOSTALERÍA e da RESTAURACIÓN: SUSPÉNDESE a apertura ao público, agás no caso da hostalería e restauración o servizo de entrega a domicilio.
EXCEPCIÓN nos seguintes establecementos:
- 🧻 ALIMENTACIÓN, BEBIDAS, PRODUTOS e BENS DE 1ª NECESIDADE.
- 💊 FARMACÉUTICOS, MÉDICOS, OPTICAS E PRODUTOS ORTOPÉDICOS, PRODUTOS HIXIÉNICOS.
- 💇♀ PERRUQUERÍAS.
- 📰 PRENSA E PAPELERÍA.
- ⛽ COMBUSTIBLE.
- 🚬 ESTANCOS.
- 💽 EQUIPOS TECNOLÓXICOS E TELECOMUNICACIÓNS.
- 🐈 ALIMENTOS PARA AMINAIS DE COMPAÑÍA.
- 🖱 COMERCIO POR INTERNET, TELEFÓNICO OU CORRESPONDENCIA.
- 👔 TINTORERÍAS E LAVANDERÍAS.
PERMANENCIA estritamente a necesaria. PROHIBIDO consumir produtos nos propios establecementos. EVITAR aglomeracións. CONTROL de distancia de seguridade dun mínimo de 1m.
⚰ MEDIDAS en LUGARES DE CULTO e CERIMONIAS CIVÍS E RELIXIOSAS: evitar aglomeracións.
👩⚕ MEDIDAS para REFORZAR o SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE.
😷 MEDIDAS para ASEGURAR o SUMINISTRO DE BENS E SERVIZOS necesarios para a protección da saúde pública.
🚌 MEDIDAS en materia de TRANSPORTE.
🥕 MEDIDAS para GARANTIR o ABASTECEMENTO ALIMENTARIO.
❌ TRÁNSITO ADUANEIRO.
🔌 GARANTÍA de SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA, produtos derivados do PETRÓLEO e GAS NATURAL.
Operadores críticos de servizos esenciais.
📺 MEDIOS DE COMUNICACIÓN: obriga de emisión de comunicados das autoridades.
💶 RÉXIME SANCIONADOR.
Disposición Adicional 1ª: persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas.
Disposición Adicional 2ª: suspensión de prazos procesuais.
Disposición Adicional 3ª: suspensión de prazos administrativos.
Disposición Adicional 4ª: suspensión de prazos de prescrición e caducidade.
Disposición Adicional 5ª: carácter de axente da autoridade dos membros das Forzas Armadas.
Comunicado de Servizos Sociais. Concello de Dumbría
Ante a situación que estamos vivindo, o Concello de Dumbría ten unha importante labor que facer: INTENTAR QUE NINGUNHA PERSOA QUEDE DESASTIDA NESTES DÍAS ( medicinas, alimentos, atención médica...).
Se precisas axuda, ou coñeces a alguén que poida precisar axuda, chámanos.
Os teléfonos de atención ao público:
De luns a viernes de 9:00 a 14:00 no 981 44001
Fóra de ese horario no 666 45 06 58
Telefono gratuito de información do coronavirus da Xunta de Galicia 900 400 116
Rogamos difusión e un uso responsable das chamadas.
Propostas para estes días...
É importante que todos e todas establezamos horarios e rutinas ao longo destes días, tamén coas crianzas (levantarse á mesma hora, adicar un horario a realizar tarefas con elas, almorzo, xantar e cea á mesma hora, tempo para o xogo libre,...).
Aquí vos van algunhas PROPOSTAS PARA LEVAR A CABO NA CASA ESTES DÍAS QUE IMOS COMPARTIR EN FAMILIA COS/COAS MÁIS PEQUENOS/AS:

Nesta situación que estamos a vivir, temos que manter a calma, a tranquilidade e o sentido común. Debemos facer caso das recomendacións de Saúde Pública e quedar na casa.
Vexámolo como unha oportunidade de pasar tempo en familia. Todo ha pasar e ímonos ver pronto.
Fervenza do Ézaro accesible
💦💙♿
Son moitos os monumentos, museos, espazos naturais, aloxamentos e restaurantes de España que ofrecen servizos, entornos e actividades parcial ou totalmente accesibles. Aínda así non son tantos... Cada vez os destinos están máis preparados no referente ao turismo accesible e por isto apostou o Concello de Dumbría, en facer que un recurso natural tan emblemático e espectacular como a Fervenza do Ézaro sexa para todas e todos.
Chegou o día, fíxose derrogar pero por fin a Fervenza do Ézaro é accesible. É o momento de que tanto as persoas con mobilidade reducida, coma as que non, as que leven carriños de bebés, etc... poidan gozar por igual da Fervenza do Ézaro.
Ata hai uns días para chegar á Fervenza do Ézaro era necesario baixar por unha antiga escaleira de pedra para logo enlazar coa pasarela de madeira. Pois agora, grazas á senda das sensacións xa non hai que empregar esa antiga escaleira, senón que tan só hai que gozar desta nova construcción, unha liña branca suspendida sobre a auga. Obra de enxeñería do arquitecto Antonio González Serrano, executada polas empresas Ogando e López Cao e financiada polo GALP Costa Sostible, o canon eólico, a Deputación da Coruña e o Concello de Dumbría.
Aínda queda moito por facer para que sexa accesible a todos os niveis, pero a Fervenza do Ézaro vai por bo camiño, nunca mellor dito, eliminado barreiras.
#DumbríaéTurismo #DumbríaParaTodos #DumbríaéAccesible
ENTROIDO 2020

NO CONCO!!! Entroido Dumbría 2020, máis de 2.000€ en premios.
February 4, 2020
O domingo 23 de FEBREIRO dende as 17:00 h Dumbría TOLEARÁ!!!
Achégate ao polideportivo do CONCO e participa no concurso máis grande do entroido da Costa da Morte.
Sae á rúa, colle 10 amigos e un pouco de imaxinación e xa tes unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.
E, sobre todo, ven gozar da música, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.
Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!
Entroido de Dumbría, TOLEARÁS!!!
Descarga aquí as bases do concurso.
BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2020
Das inscricións e das comparsas
1ª.- Para participar no concurso de comparsas de Entroido é condición imprescindible
formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais con anterioridade ás 15:00
horas do xoves 20 de febreiro de 2020. As comparsas que non se inscriban no seu debido
tempo non poderán optar a ningún dos premios establecidos nin ás axudas por
participación obxecto destas bases.
2ª.- As comparsas, para formalizar a súa inscrición no concurso, farán constar o nome da
comparsa e o número de membros que a compoñen, así coma un teléfono de contacto da
persoa representante da mesma.
3ª Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de 10 compoñentes
que obrigatoriamente realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións,
e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos.
4ª.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na
súa actuación.
5ª.- No interior das instalacións deportivas queda prohibido o uso de material
potencialmente perigoso, que poida causar incendios (o uso de bengalas, dispositivos que
expidan fume, néboas, petardos, fogos de artificio, material pirotécnico, ou outros
artefactos que conteñan pólvora), así coma calquera dispositivo que deixe sobre as
instalacións algún tipo de residuo.
6ª.- Poderase acceder ao pavillón con elementos de dimensións limitadas. As carrozas non
poderán entrar nas instalacións e serán avaliadas polo xurado ao longo do desfile.
A organización terá prevista unha área reservada para, unha vez rematado o pasarrúas,
deixar fóra estes complementos de grandes dimensións. Esta área destinarase
exclusivamente a eses elementos empregados no desfile, non ao estacionamento dos
vehículos dos integrantes das comparsas.
Medidas a ter en conta para as actuacións:
· Escenario: 12 m. de fronte x 10 m. de fondo.
· Altura máxima pavillón: 7 m.
· Porta de acceso: 2 m. ancho x 2,30 m. alto.
7ª.- As comparsas que desexen empregar acompañamento musical nas súas actuacións
poderán facer uso dun reprodutor de son, que admite os formatos .WAV ou .MP3, cunha
calidade mínima recomendada de 320 kbps.
Deberán traer o arquivo nun CD ou nunha memoria USB; recomendándoselles que se
acheguen antes do comezo do desfile ata a mesa de control de medios, situada no pavillón,
para facer unha proba de son.
As comparsas deben designar unha persoa responsable para estar durante a actuación na
mesa de reprodución de medios, e que se encargará de indicarlle ao equipo técnico en que
momento deben reproducirse os mesmos.
Disposicións finais
8ª.- Para poder optar ás axudas por participación sinaladas no capítulo anterior é
imprescindible que as comparsas participen nos actos de entroido programados para o
domingo, 23 de febreiro de 2020 e que comezarán coa concentración das comparsas ás
17:00 h. na praza do Concello de Dumbría.
9ª.- As comparsas teñen a obriga de participar no pasarrúas inicial ata o pavillón
polideportivo, lugar onde se levarán a cabo as actuacións.
10ª.- A orde de participación tanto no desfile de comparsas coma na posterior actuación
rexerase segundo sorteo previo, a celebrar no Concello o venres, 21 de marzo de 2020, ás
17:00 h.
11ª.- Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes:
-1º clasificado: 1.000 €
-2º clasificado: 500 €
-3º clasificado: 300 €
-Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal.
No caso de producírense empates, os premios serán repartidos no modo que segue:
No caso de empate no 1º premio entre 2 comparsas, repartirase o 1º e 2º premio a partes
iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 1º premio entre 3 ou máis comparsas, repartiranse os 3 premios a
partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 2º premio entre 2 ou máis comparsas, xuntarase o 2º premio e o 3º
premio e repartiranse a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 3º premio, repartirase este a partes iguais entre as comparsas
empatadas.
12ª.-As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 150 € pola
súa participación nos actos de entroido. Esta axuda non é acumulativa ós premios.
13ª.- O xurado será designado polo Concello de Dumbría. Na selección dos premiados o
xurado terá en conta os seguintes aspectos:
- Desfile: animación, complementos, carrozas, … (25% da puntuación). No caso de
condicións climatolóxicas adversas, que non permitan a celebración do mesmo, o
xurado valorará igualmente as carrozas e complementos das comparsas. - Disfraces e maquillaxe: confección artesanal ou non, calidade e adaptación da
maquillaxe … (25% da puntuación). - Actuación: posta en escena, música, coreografía, parodias, letras das coplas,…
(50% da puntuación).
14ª.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. O fallo do xurado será
inapelable.
15ª.- O concello resérvase o dereito de limitar o número de comparsas participantes no
concurso.
+ INFO:
Oficinas Municipais
981 744 001
Contos do Mar. Participantes de Dumbría
Presentámosvos neste post un resumo dos participantes de Dumbría no proxecto CONTOS DO MAR
Celina cóntanos que nos tempos da construcción dos túneles da central hidroeléctrica do Ézaro, existía un funicular para transportar os materiais dende o Coadoiro ata a Pedra da Folga. En ocasións, ela tamén montaba para ir buscar pólvora á fábrica.
María Luisa comparte os recordos sobre o barqueiro e a posterior construción da ponte do Ézaro.
Alejandro cóntanos a evolución da construción de embarcacións de pesca en Ézaro.
Un lugar para un recordo colectivo sobre o lugar onde se poñían a secar as redes e as velas, que se impermeabilizaban con aceite de liñaza.
En Ézaro é coñecida como Marisol. Ela cóntanos onde se lavaba e como secaban a roupa aproveitando o calor das máquinas da fábrica hidroeléctrica.
Todos os videos do proxecto en https://contosdomar.com/
Asesoramento dirixido a asociacións
Tes dúbidas sobre cómo solicitar subvencións ao concello ou á Deputación?
O luns, 2 de marzo de 2020 de 10:00 a 11:00 h un, un axente atenderá as túas dúbidas.
Ven e pregunta o que necesites!!
DIRIXIDO A ASOCIACIÓNS.
Plan Emprego Local - PEL Deputación da CoruñaDeputación Provincial da CoruñaConcello de Dumbría
Paxinación
- Páxina anterior
- Páxina 16
- Páxina Seguinte






































































































































