Ir o contido principal

X BTT do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría e o CLUB Ciclista Dumbría organizaron a décima edición da ruta BTT Dumbría https://eventos.emesports.es/inscripcion/x-btt-concello-de-dumbria/clasificaciones/.

A proba disputouse o domingo 1 de marzo do 2020 con case 220 inscritos.

DISTANCIAS:
〰 35 km ruta curta
➿ 54 km ruta longa

Nota do evento na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/dumbria/2020/03/02/camarinan-carlos-valina-nuevo-vencedor-absoluto-btt-dumbria/0003_202003C2C6996.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbcar&fbclid=IwAR3Hizp4Wj4c8rTVfxjSi3OgwFLUXIqUOEsDxEIKHkBBmYi8jpEi-pGyph0

+INFO: www.dumbria.es

Ven vivir o deporte en Dumbría!!
#DumbríaéDeporte

Fotos do evento de Antonio González Franco no álbum de Facebook https://www.facebook.com/antonio.gonzalezfranco.3/media_set?set=a.3861344070557359&type=3

Fotos do Club Ciclista de Dumbría en https://www.facebook.com/ClubCiclistaDumbria/

Fotos de Antonio González Franco

SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA EN GALICIA

Miniatura Noticia

Resolución 13 marzo de 2020, Xunta de Galicia declara a situación de Emerxencia Sanitaria en Galicia e actívase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga), como consecuencia da evolución da epidemia do 🦠 coronavirus COVID-19. Acorda:

  1. ☣ Situación de EMERXENCIA SANITARIA GALICIA.
  2. 🚑 PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS de Galicia.
  3. 🔴 Centro de Coordinación Operativa (CECOP).
  4. 📜 Poderán ditarse ordes e instrucións que afecten aos dereitos da cidadanía e adoptar medidas de obrigado cumprimento.
  5. 🔓 A desactivación do Plan será declarada formalmente polo seu director, unha vez superada a situación de emerxencia.
  6. ♻ Declaración de emerxencia sanitaria en Galicia enténdese sen prexuízo das competencias estatais e das medidas que aprobe o Goberno, e en coordinación con elas.
  7. 🎫 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (OCIO) contados dende a publicación no DOG nas seguintes áreas: cines, teatros, auditorios, circos, establecementos de espectáculos deportivos, recintos feirais, casinos, salas de bingo, salóns de xogo, tendas de apostas, estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, pistas de patinaxe, ximnasios, piscinas de competición, piscinas recreativas de uso colectivo, parques acuáticos, salóns recreativos, parques multiocio, museos, bibliotecas, salas de conferencias, salas polivalentes, salas de concertos, restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías, bares, establecementos para actividades zoolóxicas-botánicas-xeolóxicas, salas de festas, discotecas, pubs, cafés-espectáculo, furanchos e centros de ocio infantil.
  8. 🍽 ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN (cafetarías, bares e restaurantes) 🛵 poderán prestar SERVIZO DE ENTREGA A DOMICILIO ou RECOLLIDA NO LOCAL para consumir en domicilio.
  9. Bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior de instalacións destinadas á prestación de servizos públicos: actividade limitada estritamente aos clientes aloxados ou a traballadores das instalacións.
  10. 🛍 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADES DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (COMERCIO) contados dende a publicación no DOG; a 🍊 EXCEPCIÓN dos establecementos de ALIMENTACIÓN e PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE (CNAE-2009).
  11. 🛁 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (TERMALISMO) contados dende a publicación no DOG: balnearios e espazos termais.
  12. 👣 SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CAMIÑO) contados dende a publicación no DOG: albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.
  13. REDUCIÓN DA CAPACIDADE DURANTE 14 DÍAS NATURAIS (CULTO) contados dende a publicación no DOG: edificios de culto, tanatorios, … Reducindo a súa capacidade máxima a 1/3. Nos cortexos fúnebres reducirase a un máximo de 25 persoas.

#COVID19 #FREEMOSACURVA 🤚 📈 #QUEDANACASA 🏠 #EUQUEDONACASA

Os empregados da sanidade, dos supermercados, das farmacias, da limpeza, ... Grazas a todos eles que están traballando arreo para superar esta crise sanitaria! GRAZAS!

Pénsao ben, ti tan só tes que quedar na casa e lavar as mans, tan difícil é?

LEMBRA:

  • Non todo o que se publica en internet é real, moito ollo coas fake news que poden facer moito mal.
  • Mantén a calma.
  • Queda na casa.
  • Busca algunha ocupación para facer na casa. Seguro que hai algo que tiñas ganas de facer dende hai tempo e non tiñas tempo para facelo. Agora pode ser o momento!
  • Lava as mans con auga e xabón.
  • No caso de ter síntomas relacionados co COVID-19 (dificultade respiratoria, tos seca e febre) chama ao 900 400 116.

Calendario 2020 do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

Calendario 2020 do Concello de Dumbría Almanaque Dumbria 2020

Dumbria1

PODES DESCARGAR O NOSO CALENDARIO EN:

/sites/default/files/imagenes-blog/almanaque-dumbria-2020.pdf

Felicitación de Nadal do Concello de Dumbría

Miniatura Noticia

En Dumbría gústanos divertirnos, probando sempre
novas formas de facelo. A natureza, as festas e o
deporte son os nosos escenarios, onde, ano tras ano,
apostamos por diferentes actividades que nos unen
a todos e ás que todos estades invitados.

Participade, gozade, xogade coma nenos, divertídevos de corazón.Dumbría DIVÍRTESE.

Feliz 2020.

José Manuel Pequeño.

Alcalde de Dumbría.



Podes descargar DENDE AQUÍ o CALENDARIO 2020 DO CONCELLO DE DUMBRÍA




Proxecto "Contos do Mar"

Miniatura Noticia

PRESENTACIÓN DO PROXECTO ⚓ CONTOS DO MAR ⚓

DÍA: Mércores 11 decembro.
HORA: 18:00h.
LUGAR: Edificio Bitácora, O Ézaro (Dumbría).

🦀 Un proxecto para dar a coñecer o noso mar.

🌊 Dirixido aos veciñ@s da parroquia de Santa Uxía do Ézaro: As Covas, San Crimenzo, Santa Uxía e O Ézaro. Porque serán historias relacionadas co mundo do mar.

#DumbríaéCultura #DumbríaéTurismo Galp Costa Sostible

NADAL

Miniatura Noticia

NADAL

Que si! Que xa volve chamar ás nosas portas o Nadal! Xa pasou un ano máis!

Así que, achegámosvos o programa de actividades infantís para esas datas.

cartel Nadal 2019

Inscricións: ata o 20 de decembro, nas casas culturais ou nas oficinas municipais.

É importante que se fagan as inscrición o antes posible, xa que, por motivos organizativos, necesitamos saber de antemán canta rapazada vai participar, de que idades,...

E, ollo!, xa que as prazas son limitadas.

Para descargar a autorización, preme aquí

Actividades de cultura e deportes de Dumbría. Curso 19/20

Miniatura Noticia

Temos preparado para tí unha grande variedade de Actividades Culturais e Deportivas o longo do 2019-2020. Tes ata o 11 de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello no número 981 744 001 en horario de mañá.

*CULTURA

No departamento de Cultura ofrécense as seguintes actividades 2019/2020

Para rapaces e rapazas:

> Informática

> Inglés

> Clases de apoio

> Dumbría Speaks

> Escola Municipal de Teatro

> Pandeireta e Baile Rexional (Colabora ACDR As Neves)

> Gaita e Percusión - bombo e tambor (Colabora Gaiteiros de Buxantes)

Para adultos:

> Informática

> Manualidades > Arranxos florais

> Pandeireta > Gaita

> Escola Municipal de Teatro

> Dumbría Speaks

> Clases de apoio para a obtención do graduado en Educación Secundaria

*DEPORTES

No departamento de Deportes ofrécense as seguintes actividades 2019/2020


Para rapaces e rapazas:

> Escola municipal de fútbol

> Escola de fútbol sala feminino(Fisober)

> Escola Municipal de piragüismo

> Escola Municipal de voleibol

> Escola de ciclismo

> Zumba infantil (a partir dos 5 anos)

Para adultos:

> Ximnasio Municipal en Olveira e Dumbría

> Pilates

> Zumba

Anotádevos canto antes!!

Encontro Internacional VÁKNER, un monstro do medievo no Camiño de Fisterra e Muxía

Miniatura Noticia

O concello de Dumbría organiza o Encontro Internacional VÁKNER, un monstro do medievo no Camiño de Fisterra e Muxía, que se celebrará en Dumbría os vindeiros días  18 e 19 de outubro.

Desde o territorio  Vákner, queremos convidarvos a todos e a todas a este Encontro, no cal descubriredes a fantástica historia acontecida nestas terras aló polo século XV, e que está vinculada ao Camiño Xacobeo.

Podedes ver e descargar o PROGRAMA COMPLETO

Podedes inscribirvos premendo aquí e cubrindo un sinxelo formulario.

O encontro é de balde, anímate a participar!!

#DumbríaéCamiño

#Dumbríaéturismo

#Dumbríaécultura

Cerrado el acceso peatonal a la Cascada de Ézaro, en Dumbría

Miniatura Noticia

⚒⚠Por mor das OBRAS de construción da PASARELA ACCESIBLE á Fervenza do Ézaro o ACCESO PEONIL á mesma estará pechado do 8 ao 21 de outubro.

Sentimos as molestias que poida ocasionar esta situación, ao mesmo tempo que agradecemos de antemán a súa COMPRENSIÓN.

Lembre que o OBXECTIVO FINAL desta obra é que da Fervenza do Ézaro poidamos desfrutar TODOS!!

--

⚒⚠Con motivo de las OBRAS de construcción de la PASARELA ACCESIBLE a la cascada Fervenza do Ézaro el ACCESO PEATONAL a la misma estará cerrado del 8 al 21 de octubre.

Sentimos las molestias que pueda ocasionar esta situación, al mismo tiempo que agradecemos de antemano su COMPRENSIÓN.

¡¡Recuerde que el OBJETIVO FINAL de esta obra es que de la cascada podamos disfrutar TODOS!!

#Dumbríaéturismo