Ir o contido principal

CONTACONTOS

Miniatura Noticia
A vindeira semana, do 28 de Novembro ó 2 de Decembro,
ás 17.00 h., en tódalas Bibliotecas do Concello desenvolverase unha sesión de contacontos dirixida a tódolos nenos e nenas de Dumbría.


  • Luns: Dumbría
  • Martes: Ézaro
  • Mércores: Berdeogas
  • Xoves: Buxantes
  • Venres: Olveira

INFORMATÍZATE

Miniatura Noticia
Esta semana dan comezo as clases de INFORMÁTICA.

Están dirixidas a tódolos veciños/as a partir dos 4 anos e xa se inscribiron 130 alumnos e alumnas.


Impartiranse en tódalas Casas Culturais.

Luns: Buxantes
Martes: Olveira
Mércores: Ézaro
Xoves: Berdeogas
Venres: Dumbría

Se non estás apuntado, aínda estás a tempo!

Cociñando no Conco

Miniatura Noticia
O tempo está tolo! 
E como non invita a darse moitos chapuzóns, onte e hoxe nas instalacións do Conco, decidimos quedar ó quente e facer unhas galletiñas.
No pavillón tamén houbo carreiras de camareiros toleiróns.

Benvidos

Miniatura Noticia
Estades lendo o novo espazo que  a Concellaría de Cultura quere poñer en marcha para darvos a coñecer tódalas actividades culturais desenvolvidas polo Concello nas casas de cultura e bibliotecas.  O Concello de Dumbría presenta unha ampla e variada oferta cultural: cursos formativos, manualidades, teatro, títeres, inglés, contacontos e un largo etcétera. 

Neste espazo publicaremos todas as novas que se vaian producindo:  Cando é a próxima sesión do contacontos?, Xa está aberto o prazo para apuntarse ás clases de inglés? Que é a Escola de Teatro? ...

 Un blog é un espazo de difusión e tamén de comunicación e participación con todos vós, onde nos podedes achegar as vosas suxerencias ou comentarios  no apartado sinalado como “Comentarios”; na parte de abaixo de cada entrada.

Sede todos  benvidos a este blog!

Esperamos que vos sintades identificados con el e que nos agreguedes como “Seguidores” no apartado dereito da páxina para mantervos informados de todas as novas culturais, deste xeito cada vez que publiquemos algo apareceravos no voso correo electrónico.

ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS

Miniatura Noticia

A variedade e a calidade da materia prima que ofrece o campo e o mar en Dumbría fan que se poida gozar dunha gastronomía exquisita.

O peixe e o marisco son, sen lugar a dúbidas, a maior riqueza culinaria da rexión onde destacan pratos como a "caldeirada". Pero tamén a carne, pola calidade dos seus pastos, que ocupa un posto destacado na súa variedade gastronómica. Tanto a gandería intensiva, con gran peso no conxunto da economía, como a caza son as garantías que aseguran pratos de gran calidade.

Ven sexa porque estás no camiño ou porque estás de visita, no Concello de Dumbría dispoñemos dunha ampla oferta de establecementos de restauración e aloxamento ao gusto do cliente.

Para descansar, destacan as pensións rústicas, os albergues privados e públicos, as casas de turismo rural e as vivendas turísticas. Toda unha grata experiencia no rural para desconectar do agobio da vida urbana.

#DumbríaéTurismo

Pandeireta e Baile Tradicional

Miniatura Noticia



O sábado día 22 de outubro tiveron comezo as clases de baile tradicional e pandeireta. Son impartidas coa colaboración da  A.C.D.R " As Neves" de Buxantes, e poden asistir todos os veciños e veciñas de Dumbría.
  • Día:  Sábados polas tardes
  • Lugar: Teleclub de Buxantes
Fonte: www.danzatradicional.com

ENTROIDO 2012

Miniatura Noticia

DOMINGO, 19 DE FEBREIRO

Ø    Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
Ø     Pasarrúas ata a praza da Igrexa.
Ø     Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.
Ø     Como remate da festa, baile coa orquestra Fania Blanco Show

PREMIOS:
1º premio comparsas: 800 €
2º premio comparsas: 400 €
3º premio comparsas: 200 €
1º premio de 120 € ó disfraz individual máis orixinal.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 16 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.

As comparsas participantes terán un mínimo de 6 compoñentes e realizarán unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións.

Ademais, as comparsas pertencentes ó concello de Dumbría poderán optar a unha axuda económica, debendo cumprir os requisitos recollidos nas bases.

As bases poden consultarse nas oficinas municipais.


 
POR OUTRA BANDA:
a semana previa a este concurso, de luns a venres e en horario de tarde, en tódalas casas culturais do concello haberá talleres para a confección de caretas e disfraces.


DUMBRÍA É ENTROIDO



 

Acreditación profesional- Convocatoria de 2012

Miniatura Noticia

Baixo o lema "Pon en valor a túa experiencia profesional" a Concellería de Educación e Ordenación Universitaria pón en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo. Esta acreditación permite acreditar e convalidar a experiencia que se posúa nun determinado campo e equiparalo a un estudo de FP
  ( Formación Profesional). 
Os requisitos  son os seguintes:
  • Posuír nacionalidade española, ou tarxeta da Unión Europea ou titular dunha autorización de residencia en España. 
  • Ter 18 anos cumpridos para o nivel II e 20 anos para o nivel III.
  • Ter experiencia laboral  e/ou formación relacionadas coas competencias que se queiran convalidar:
  •  No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos 3 anos cun mínimo de 3000 horas traballadas, nos últimos 10 anos.
  • No caso de formación, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.
  • As persoas interesadas non poderán estar matriculadas nin cursando un curso de formación profesional.
A documentación que é necesario presentar constará de: Para traballadores asalariados: Informe da Vida Laboral, contrato de traballo ou certificación da empresa; para traballadores autónomos; certificado dos períodos de alta da Seguridade Social no réximen correspondente e a descripción da actividade que se levou a cabo.

Podedes consultar toda a información do proceso e os títulos que se poden acreditar nesta convocatoria  na páxina web : http://www.edu.xunta.es/acreditacion.

O prazo de presentación será dende o 16 de xaneiro ó 15 de febreiro.

Podedes informarvos de todo o proceso nos centros de Cee
  • IES Agra de Raíces:    Rúa Buenaventura Castro Rial  Cee   981745950
  • IES Fernando Blanco   Avenida Fernando Blanco 99  Cee   981745350

Graduado en ESO

Miniatura Noticia
Rematou na presente semana o curso referido ó primeiro cuadrimestre da Educación Secundaria para Adultos.

Neste cuadrimestre obtiveron esta titulación 8 persoas que asistiron ás clases que o Concello imparte desde o mes de outubro. E xa son 18 veciños/as os que se graduaron desde que se puxera en marcha esta actividade en novembro do 2010.


A vindeira semana comeza un novo curso para a obtención do graduado en ESO.

As persoas interesadas serán inscritas no Instituto San Clemente de Santiago na modalidade de formación a distancia.

O Concello ofrecerá de novo ós veciños/as interesados/as a posibilidade de asistir a clases nocturnas para axudarlles a supera-las probas para aobtención de dita titulación.

Olveiroa: O patrimonio como recurso

Miniatura Noticia

Esta pasada fin de semana o xornal "La Voz de Galicia" adicaba un artigo a unha das parroquias do noso concello: "Olveiroa encuentra el buen Camino" .
 Nel amósase  Olveiroa como exemplo de puxanza, de localidade renovada, froito dun proceso de restauración do patrimonio enfocado cara o turismo do Camiño de Santiago.


O Concello de Dumbría decide apostar pola ruta xacobea coa construción de dous albergues de peregrinos, un deles na parroquia de Olveiroa (inaugurado no 2001) e o outro no Conco - Dumbría (2010).


 
A transformación deste núcleo de 160 habitantes  esperta o interese do CSIC ( Consejo Superior de Investigaciones Científicas), quen, a través do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), acaba de publicar o traballo de investigación "En torno a las ausencias y presencias del concepto de Patrimonio. Prácticas y discursos patrimonializadores en el Camino de Santiago a Fisterra"  das científicas Cristina Sánchez Carretero y Paula Ballesteros Arias.

A investigación é froito dun exhaustivo traballo de campo con numerosas entrevistas e datos e enmárcase nun traballo máis amplo que inclúe a análise sobre a incidencia da vía peregrina a través dos nosos camiños cara Fisterra, traballo que estará rematado este mesmo ano.



Velaquí algunhas fotos do Albergue de Olveiroa: