Ir o contido principal

Dumbría en branco e negro

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría está levando a cabo un proxecto chamado
 DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO, unha iniciativa que solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas para recoller unha ampla mostra de fotografías  antigas do noso concello.


O obxectivo é recuperar imaxes da historia de Dumbría para que pasen a formar parte do Arquivo  Municipal e organizar unha exposición que percorra as Casas de Cultura do concello e poder tamén difundilas noutros medios. 








O concello pretende ter unha memoria gráfica dos espazos rurais, as casas, a xente, as actividades labregas, gandeiras, forestais ou mariñeiras; os momentos de ocio, as festas, a escola,  e os acontecementos máis salientables  de cada parroquia ó longo de todo un século.




Aquí pódense ver algunhas das imaxes que os veciños e veciñas de Dumbría nos fixeron chegar.
Recóllense escenas típicas da Dumbría do pasado, amosan xentes que noutrora habitaron as nosas terras.









Taller adicado á poesía nas nosas Bibliotecas

Miniatura Noticia

Esta semana adicamos o noso programa de animación á lectura á poesía.

Como sabedes, o día 21 de marzo, aparte do comenzo da primaveira,  foi o día Mundial da Poesía e os nosos pequenos tamén se convertiron en poetas por un día.

Os traballos do taller están expostos nas Bibliotecas.





Programa de formación para moz@s menores de 30 anos

Miniatura Noticia
Trátase do  Programa de Cualificación e recualificación de mozos menores de trinta anos do Ministerio de Traballo.
Os requisitos son os seguintes:
  • Alumnos Menores de 30 anos
  • Inscritos como demandantes de emprego
  • Estas accións formativas inclúen a  realización obrigatoria de Prácticas Profesionais Non Laborais en empresas
 Dentro do programa tedes cursos presenciais, de teleformación (a través de Internet) e de modalidade mixta.

Dito programa inclúe unha amplia oferta formativa  orientada a mozos  e mozas menores de 30 anos que necesiten formarse. Os cursos contan con prácticas en empresas punteiras da nosa comunidade. As accións formativas son totalmente gratuitas e o alumnado en certos supostos pode optar a unha axuda para dietas.
Tedes toda a información dos cursos premendo no seguinte enlace:




Ana María Castro Antonio
Técnica de Soluciones Formativas Integrales
Soluciones Formativas Integrales
aantonio@femxa.com
http://www.grupofemxa.com/
http://www.cursosfemxa.com/
T. 900 100 957
F. 986 494 120

ANIMACIÓN Á LECTURA

Miniatura Noticia


Actividades de animación á lectura nas Casas Culturais durante os meses de marzo, abril e maio.
MARZO: SEMANA DA POESÍA

Do 26 ó 30 de maio: Taller de poesía

ABRIL: MES DO LIBRO

Do 23 ó 27 de abril: Taller de elaboración de marcapáxinas
Troco de libros para adultos e nenos
Visitas guiadas ás bibliotecas para os colexios

 
MAIO: LETRAS GALEGAS

Do 14 ó 18 de maio: taller literario

19 de maio: Celebración Infantil das Letras Galegas nas instalacións do Conco, con merenda e música tradicional. Haberá servizo de autobuses. Informarémosvos máis adiante.


 
HORARIOS DAS ACTIVIDADES NAS CASAS CULTURAIS:

ÁS 17.00 HORAS

LUNS: Dumbría e Salgueiros
MARTES: Ézaro
MÉRCORES: Berdeogas
XOVES: Buxantes
VENRES: Olveira
                                                                         

2ª EDICIÓN DO TALLER DE FOTOGRAFÍA

Miniatura Noticia


O sábado, 11 de agosto, rematou o primeiro curso de iniciación á fotografía organizado polo concello e impartido por Marcos Rodríguez Fotografía.








O curso pechouse cunha quedada fotográfica na que os participantes puideron visitar distintos puntos do concello para poder fotografalos.








Queremos lembrarvos que, debido ó gran número de persoas interesadas en participar neste curso, o Concello programou unha nova edición do mesmo.








O 2º Taller de iniciación á fotografía desenvolverase entre o 21 e o 24 de agosto, de 19:30 a 22:00 horas nas instalacións do Conco. A quedada fotográfica será o sábado, 1 de setembro.




Aínda queda algunha praza libre para poder inscribirvos.

Aproveitade a oportunidade!

Fotos desta entrada cortesía de Marcos Rodríguez

OS LUNS LÚDICOS DAS CASAS CULTURAIS

Miniatura Noticia
Ó longo do mes de agosto os nenos e nenas tedes unha cita especial coa casa cultural.


Alí poderedes desfrutar de proxeccións, talleres de abalorios, manualidades, xogos,...


En Buxantes, Berdeogas e Olveira farano os días 6 e 20 de agosto.


En Ézaro será os días 13 e 20.

                                                AGARDÁMOSVOS!

CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA

Miniatura Noticia

O Concello de Dumbría organiza un curso de iniciación á fotografía.

Será impartido por Marcos Rodríguez entre o 7 e o 10 de agosto de 19:30 a 22:00 horas.

O curso consiste en 10 horas teóricas e máis unha quedada para fotografiar diversos puntos do concello.


 
As inscricións deben facerse nas oficinas municipais ata o 3 de agosto. Tfno.: 981 744 001, debendo ter un número de participantes comprendido entre os 12 e os 20.

Os inscritos deben vir provistos de cámara fotográfica. Non serven as cámaras dos móbiles.

XII FESTA DA FAMILIA

Miniatura Noticia
Onte celebramos na Devesa da Lúa, na carballeira de Berdeogas, a duodécima Festa da Familia.


Na carballeira, reunímonos veciños e veciñas de tódalas parroquias de Dumbría.



Foi unha xornada festiva na que pequenos e maiores gozaron do entorno, da comida, das actuacións e da compaña da familia.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Miniatura Noticia
O mércores, 18 de xullo, ábrese ó público a exposición fotográfica "Dumbría, paraxe con encanto" de Denia Priegue.

Poderá visitarse na Casa de Pedra de Ézaro (Centro de Interpretación) de luns a venres, de 10 a 14 horas.