Ir o contido principal

XORNADA DE PRAIA

Miniatura Noticia




Hoxe os nenos e nenas de Dumbría puideron pasar unha estupenda xornada de praia no areal de Ézaro.







Celebraron o final do curso e o inicio das vacacións, con xogos na praia, un bo chapuzón e coa actuación do Mago Benxamín.








Tamén lles quedou tempo para, coma cada ano,
izar oficialmente a bandeira azul coa que
foi distinguida a praia de Ézaro.






Agora xa están preparando todo para empezar coas actividades estivais nas instalacións do Conco. Alí pasarano en grande na piscina, con xogos, deporte, manualidades, talleres didácticos,..


BO VERÁN A TODOS E TODAS!

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES

Miniatura Noticia



Do 25 ó 30 de xuño permanecerá aberta a exposición dos traballos realizados polos alumnos e alumnas dos cursos de manualidades 2011-2012 realizados no concello de Dumbría.

Na exposición podemos ver óleos, pintura sobre cristal, manualidades sobre tellas, marcos, labores de palillo, restauración de pezas antigas,...


Pódese visitar en horario de mañá no Centro Social de Dumbría.







Preme aquí para ver fotos da exposición

FESTA FIN DE CURSO

Miniatura Noticia
O martes, 26 de xuño, levarase a cabo unha festa fin de curso para os nenos e nenas para despedir as actividades municipais.

Terá lugar na praia de Ézaro (se chovese, as actividades trasladaríanse ás instalacións do Conco)

Haberá xogos na praia e contaremos coa actuación do MAGO BENXAMÍN, que representará a súa obra Magic.

Haberá servizo de autobuses para recoller ós nenos/as polas parroquias.

O concello farase cargo da comida dos participantes.


Para asistir, é preciso entregar unha autorización nas oficinas municipais ou nas casas culturais antes do 21 de xuño.

ACTIVIDADES DE VERÁN

Miniatura Noticia
Xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades das escolas deportivas e culturais de verán.

- cursos de iniciación e perfeccionamento de natación na piscina municipal (nenos e adultos)
- xogos populares, deportivos e de mesa
- talleres didácticos e manualidades
- biblioteca
- internet


Haberá servizo de transporte gratuito desde as parroquias para os rapaces e rapazas que participen nestas actividades, que se desenvolverán nas instalacións do Conco (Dumbría).


Inscricións ata o 26 de xuño nas casas culturais e nas oficinas municipais.

Dumbría é Fotografía: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Hoxe toca falar de fotografía.

Ó longo deste mes podedes visitar varias exposicións fotográficas nas casas culturais de Dumbría:

Denia Priegue Fotográfica. Facebook



 - Dumbría, Paraxe natural - de Denia Priegue. Na casa cultural de Buxantes.






corbalfotografia.blogspot.com.es



- Panoramicamente falando - de Begoña Corbal. Na casa cultural de Berdeogas.



juanlouro.blogspot.com.es/p/juan-louro.html


-Presentación dunha mostra fotográfica de Juan Louro. Na Casa de Pedra de Ézaro, o venres, ás 20.30 h.





- Mostra fotográfica do fondo Dumbría en Branco e Negro. En tódalas casas culturais. Aproveitamos para lembrarvos o importante que é que participedes todos neste proxecto de recollida de fotos antigas do concello.

VEN VER AS EXPOSICIÓNS E VISITADE OS BLOGs E PÁXINAS DESTES ARTISTAS.
ROMPE A RUTINA!

Xoves, 6 de decembro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Chega o primeiro día de programación cultural de decembro.

Ás 11:00 horas achegádevos ata a casa cultural de Buxantes. Alí estanvos agardando os rapaces e rapazas de ASPADEX co seu posto de venda de artesanía.

Ás 12:00 horas empezará a representación da obra "A Bruxiña da Sorte" de Ti e mais eu Teatro.


 Tamén ás 12:00 horas inaugúrase a exposición "Panoramicamente Falando" de Begoña Corbal na casa cultural de Berdeogas.

E lembrade que a exposición "Dumbría, paraxe con encanto" de Denia Priegue xa está aberta ó público na casa cultural de Buxantes.


Xa pola tarde, un bus pasará polas parroquias para recoller ós nenos e nenas que queiran pasar a tarde
con nós no Conco. Comezamos ás 16:00 horas cun obradoiro de lectura dixital, "As trovas de Midas", a cargo da editorial Galebook, unha boa merenda para repoñer forzas e  despois,

ás 18:00 horas, un concerto didáctico que nos ofrecerá Son+d2, que é o trío acústico de Xoán Curiel.





Desfrutade do día!

Dumbría é teatro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Comezamos as nosas xornadas culturais de decembro falando do teatro e da maxia  que teremos no concello nos vindeiros días. 


A Compañía TI MÁIS EU TEATRO representará " A bruxiña da sorte" na Casa de Cultura de Buxantes o día 6 de decembro ás 12 da mañá. O espectáculo está dirixido ós máis pequenos e consitirá nunha representación con marionetas no que unha bruxa "boa" fará que se cumpran os desexos de todos. 



Ó día seguinte, o 7 de decembro, teremos unha sesión de maxia con GRANPEDRINI E O MAGO DA BOINA  na Casa de Cultura de BerdeogasÉ unha función para tódolos públicos cuxo título, "Tempo de maxia", se representará ás 7 da tarde


No Centro Cultural de Ézaro terá lugar a actuación do mítico grupo da Costa da Morte TALÍA TEATRO, baixo a dirección do artista local Artur Trillo  co seu espectáculo "Pelos na lingua"; obra que foi galardoada cos premios María Casares e Max ó mellor texto teatral en galego. A historia encadea unha serie de gags que convidan a reflexionar, con retranca e ironía, sobre os ataques que sofre a lingua e as situacións tan incribles que vive ésta. A cita é o día 8 ás 7:30  da tarde.


Será a mesma compañía ( TALÍA TEATRO) quen cerrará as actuacións teatrais da ponte de decembro coa súa nova produción "O método Grönholm" obra que comeza na sala de reunións dunha empresa  multinacional na que comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante. Todos eles foron convocados a unha última proba na que a empresa decidirá quen dos catro é o elexido para o posto. Non vos perdades esta importante cita, será no Centro Cultural de Olveira o día 9 de decembro ás 7 da tarde.

Cara finais de mes, o día 22 de decembro ás 6 da tarde, terá lugar a representación da obra "O señor das dunas", espectáculo incluído no programa FalaRedes da SX de Política Lingüística; nas instalacións do Conco en Dumbría ás 6 da tarde. Cunha duración de 50 minutos, a actuación componse dunha sucesión de contos ilustrados con debuxos en area proxectados  nunha pantalla.  

  



 Xa para rematar, e unido coa celebración da FESTA INFANTIL DE NADAL, nas instalacións do Conco en Dumbría o día 28 de decembro ás 14:30 da tarde, TALÍA TEATRO porá en escena a sua obra "Pequena", comedia infantil que fala das grandes pequenas e grandes pequenos que poden cambiar o mundo ó seu xeito.


ROMPE A RUTINA

Miniatura Noticia
Ó longo do mes de decembro, son moitas as actividades nas que vas poder participar en Dumbría:



  • teatro
  • maxia
  • concerto didáctico
  • música tradicional
  • poesía
  • obradoiros de confección de abalorios
  • obradoiros de elaboración de decoración de Nadal
  • exposicións de fotografía contemporánea
  • mostras fotográficas de fotos antigas (dentro do proxecto Dumbría en Branco e Negro)
  • venda de manualidades feitas por Aspadex
  • contacontos
  • visita do paxe real


Preme aquí para consultar a programación.






 

HORARIOS

Miniatura Noticia
Esta semana empezaron as clases de informática, ximnasia de mantemento e aeróbic.

A vindeira semana empezan as clases de manualidades.

Aquí vos deixamos os horarios de todas as actividades por parroquias.


As clases de pandeireta e baile rexional son os sábados en Buxantes.
Horario infantil: 16.30 horas
Horario adultos: 17.30 horas

Os horarios das clases nocturnas para a obtención do graduado en ESO non se recollen nestes horarios. Para informarvos da matrícula e dos horarios, consultade no Concello.



Xa sabedes que podedes consultarnos calquera dúbida nas casas culturais ou nas oficinas municipais.


HORARIOS ACTIVIDADES

Miniatura Noticia
Botan a andar as actividades do curso 2012-2013 do Concello de Dumbría.

Aquí vos deixamos os horarios:



As Escolas Municipais de FÚTBOL, PIRAGÜISMO, VOLEIBOL E CICLISMO xa están funcionando tamén. Consultade os horarios no Departamento de Deportes.

Para clarexar calquera dúbida, achegádevos polas Casas Culturais ou polas oficinas municipais.

Aínda estades a tempo de inscribirvos nestas actividades, se non o fixestes xa.

Apurade!