Ir o contido principal

INTENSO COMEZO DE DECEMBRO

Miniatura Noticia
Sen dúbida, este comezo de decembro foi do máis animado.





A ruptura da rutina estivo asegurada para todos aqueles que participaron nas moitas actividades que estes días vos propuxemos.
Houbo un pouco de todo, xa vistes: manualidades, poesía, música, teatro, maxia, ...








Ah! E non esquezades que a cousa non rematou aquí, xa que as vindeiras semanas podedes seguir gozando de novas propostas!

ROMPE A RUTINA!

Domingo, 9 de decembro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Acaba esta ponte de decembro e, despois dun sábado cheo de participantes nas actividades realizadas, non podía acabar doutra maneira que non fose ROMPENDO A RUTINA

Mañá, domingo, podedes asistir ás seguintes actividades:

Manualidades: Confección de abalorios na casa cultural de Ézaro:
- ás 11.30 horas: obradoiro infantil
- ás 12.30 horas: obradoiro para adultos

Manualidades: Confección de abalorios na casa cultural de Berdeogas:
- ás 17.00 horas: obradoiro infantil
- ás 18.00 horas: obradoiro para adultos

www.taliateatro.es
Teatro na casa cultural de Olveira:
Ás 19.00 horas, Talía Teatro escenifica "O Método Grönholm" (maiores de 13 anos)



APROVEITADE!

Sábado, 8 de decembro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Aquí chega o terceiro día...........

Casa cultural de Olveira:
- A partir das 11.30 horas: obradoiro infantil de manualidades
lavozdegalicia.es
- Ás 16.00 horas: posto de venda de artesanía de ASPADEX
- Ás 17.00 horas: Música tradicional, coa ACDR As Neves de Buxantes, a Asociación Cultural de Brens e os membros da Escola Municipal de Música Tradicional.




Instalacións do Conco (Dumbría):
- Obradoiro de manualidades. Confecciona a túa propia decoración de Nadal
Ás 17.00 horas: obradoiro infantil
Ás 18.00 horas: obradoiro para adultos


Casa Cultural de Ézaro:
www.taliateatro.es
- Ás 18.30 horas: posto de venda de artesanía de ASPADEX
- Ás 19.30 horas: teatro. TALÍA TEATRO leva sobre as táboas "Pelos na lingua" (maiores de 13 anos)




Anímate a participar! 
Rompe a rutina!

Venres, 7 de decembro: Rompe a rutina

Miniatura Noticia
Xa chega o segundo día de actividade para romper a rutina.

O venres a partir das 17.00 horas, na casa cultural de Buxantes, podedes participar nun obradoiro de manualidades para confeccionar a vosa propia decoración para este Nadal.

granpedrinieomagodaboina.blogspot.com.es


Ás 19.00 horas, a cita témola na casa cultural de Berdeogas. Granpedrini e o Mago da Boina agárdanvos para pasar unha tarde de maxia asistindo ó seu espectáculo "Tempo de Maxia".
www.tecendoredes.com
 
Máis tarde, ás 20.30 horas, na Casa de Pedra de Ézaro, Juan Louro, logo do éxito que está acadando coa exposición Ao Cabo, preséntanos unha mostra fotográfica.



Agardámosvos!

AO CABO. Exposición

Miniatura Noticia
A exposición AO CABO, do fotógrafo local JUAN LOURO non para de virar dunha sala de exposición a outra.

Ao cabo é unha exposición fotográfica itinerante que trata a situación actual da frota pesqueira da Costa da Morte, que está a percorrer distintas cidades do mundo.
Despois de pasar polo Outono Fotográfico 2012 no Museo Municipal de Ourense, ou polo Pazo de Dom Manuel, en Évora (Portugal), recalou na francesa vila de Millau, Midi-Pyrénées.

ezaroenfotos.blogspot.com

O rotativo Le Journal de Millau titulaba a nova desta exposición como: "O declive da pesca artesanal por Juan Louro Cambeiro".

Orgullosos de que os nosos veciños acaden triunfos polo mundo adiante, e, máis aínda, cando o fan dando a coñecer a nosa terra.

Podedes ver máis sobre o traballo de Juan Louro no seu blog: ezaroenfotos.blogspot.com

Parabéns Juan!

LETRAS GALEGAS 2013: actividades

Miniatura Noticia


Este ano o día das Letras adícase a Roberto Vidal Bolaño, escritor e actor de teatro español  (Santiago de Compostela 1950 - Santiago de Compostela 2002). Podedes consultar algunhas das súas obras máis importantes nas nosas Bibliotecas.

Ó longo da vindeira semana os nenos e nenas de Dumbría poderán participar en actividades de animación á lectura que se desenvolverán en tódas casas culturais do concello para celebrar o día das Letras Galegas 2013.

Sesións de contacontos e diferentes manualidades entre as que se inclúen a creación dun móbil de letras para decorar as vosas habitacións: podedes crear o nome que queirades!


Aquí vos deixamos o cartel das actividades



Ler para ser libres: as nosas bibliotecas

Miniatura Noticia
         Libros, camiños e días dan ó home sabiduría 
(proverbio árabe)

O día 23 de abril celébrase cada ano o día do libro e os dereitos de autor. Elixiuse este día por coincidir coa data do pasamento dos escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, alá polo ano 1616.

Queremos amosarvos neste día a Biblioteca e as Axencias de Lectura do Concello de Dumbría, uns espazos que nos adentran non só no mundo dos libros senón que tamén son un acceso á cultura, á información e ó saber.

Dumbría ten unha Biblioteca Municipal que está situada no Ézaro e catro Axencias de Lectura que están situadas nas Casas de Cultura de Berdeogas, Olveira e Buxantes, e nas instalacións do Conco - Dumbría. 

Os servizos que ofrecen cada unha delas son:


  • Lectura en sala e sala de estudo.
  • Préstamo a domicilio.
  • Acceso a internet, aula de informática e impresora.
  • Axuda nas buscas de información
  • Ademais das actividades que nelas se ofertan regularmente (animación á lectura, apoio escolar, inglés, informática,...)

Para consultar que libros temos nas Bibliotecas, podédelo facer dende a casa, entrando no noso Blogue  (dumbriaecultura.blogspot.com) e despois pinchando na sección Bibliotecas. Unha vez dentro, accededes ó CATÁLOGO e abonda con saber o título ou o autor para buscar a  obra.
Unha vez localizada, só tedes que  achegarvos á Biblioteca e solicita-lo seu préstamo.
Se non está na biblioteca da vosa parroquia, pero si noutra do concello, facémosvolo chegar nun plis-plas. 

As bibliotecas do concello posúen máis de 20000 libros e 50 ordenadores para acceder tanto a coleccións dixitais coma a outra información de interese. No ano 2011 preto de 8000 visitas  á Biblioteca demostran a gran  importancia dun punto de acceso á información nun entorno rural coma Dumbría.

Nesta semana do libro recordarvos que podedes trocar os vosos libros no punto que encontraredes na Biblioteca "Libros libres: Troco de libros". 
Desta maneira os libros que non usedes teñen unha nova vida e serán libros para facer rir, chorar, soñar e vivir a outras persoas.


Ler para divertirse, para entreterse, para informarse ou aprender; nos libros, nos cadernos do colexio, nos xornais, nas revistas, nos ordenadores, na tablet ou no teléfono: 
LER PARA SER LIBRES




PASATEMPOS E ADIVIÑAS

Miniatura Noticia
Os rapaces e rapazas que asisten ás clases de informática das Casas Culturais andiveron estes días a pasar o tempo.

Aquí vos deixamos os resultados:



PASATEMPOS E ADIVIÑAS

EXCURSIÓN 2013

Miniatura Noticia
O concello de Dumbría organiza unha viaxe para visitar Valladolid, Madrid e Cuenca.

Datas:
            saída: 15 de maio pola noite (noite en ruta)
            chegada: 19 de maio

Dirixido a: veciños/as de Dumbría.

Prezo: 220 €, inclúe transporte, aloxamento e comida.

Prazas: limitadas. Por riguroso orde de inscrición.

Inscrición:
                Oficinas municipais. Tlf: 981 744 001. En horario de 08.00 a 14.00 horas.

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Miniatura Noticia
O Concello de Dumbría fai pública a posta en marcha dun curso básico de prevención de riscos laborais.

Está homologado para a construción e calquera outro sector e será impartido por técnicos da UGT.


O curso consta de 65 horas, das cales 20 serán presenciais e 45 serán on line (a través de internet).

As clases presenciais serán do 1 ao 5 de abril de 2013, das 5 ás 8 da tarde.

A preinscrición realizarase nas oficinas do concello de Dumbría ata o 28 de marzo de 2013, polo que animamos aos interesados/as a presentar a correspondente solicitude ou por telénono no 981744001