Ir o contido principal

Actividades Culturais 2012/2013

Miniatura Noticia


Xa está aberto o prazo de incrición para as actividades deportivas e culturais do vindeiro curso. Tedes ata o 5 de outubro para anotarvos tanto nas casas de cultura coma chamando ó Concello  no número 981 744 001 en horario de mañá.


No departamento de Cultura ofrécense as seguintes  actividades   2012/2013


      Nenos 
  •  Informática
  •  Inglés 
  • Clases de apoio 
  • Escola Municipal de Teatro
  • Pandeireta e baile rexional (colabora a A.D.C.R. As Neves de Buxantes)

     Adultos
  • Informática
  •  Manualidades
  • Taller de memoria
  • Cursos de técnicas de busca de emprego
  •  Clases de apoio para a obtención do Graduado en ESO.


Anotádevos canto antes!!

AQUAPARK DE CERCEDA

Miniatura Noticia
Visita ó Aquapark de Cerceda polo 25 aniversario de La Voz de Galicia.

Data: luns, 3 de setembro de 2012

Poden participar os dumbrieses e dumbriesas entre 8 e 18 anos.

Número de prazas limitado a 50, por rigurosa orde de inscrición. A inscrición é obrigatoria e é necesario asinar unha autorización que se facilitará nas oficinas municipais ou nas instalacións do Conco.
Considerarase formalizada a inscrición coa entrega desta autorización debidamente cuberta e asinada por un tutor.

O autobús sairá do Concello de Dumbría ás 10.00 horas e regresará ás 20.00 horas.

Os participantes deberán ir provistos de bañador, toalla, chanclas, gorra, protección solar. Ademais, deben levar a comida para pasar o día.

Video resumo de DUMBRÍA ROMPE A RUTINA

Miniatura Noticia

Foron moitas as actividades que levamos a cabo no noso departamento nestes dous meses.

 Baixo o lema de DUMBRÍA ROMPE A RUTINA  ofrecemos unha programación cultural variada, que tivo moi boa acollida entre tod@s vós e queremos agasallar a vosa participación  coa elaboración deste video das actividades.





....e proximamente contarémosvos algo do entroido!!!
  

PANORAMICAMENTE FALANDO

Miniatura Noticia
A exposición de Begoña Corbal muda de Casa Cultural.

A partir do luns, 21 de xaneiro, poderá visitarse na Casa cultural de Olveira.

O horario de apertura ó público é de luns a venres, de 16 a 20 horas.
Dumbría é imaxe!

Conto de Nadal e Paxe real

Miniatura Noticia
Despois de todo o traballo que tiveron os Reis Magos neste Nadal, hoxe enviáronnos este collage con imaxes da visita que un dos seus paxes fixo ás Casas Culturais de Dumbría aproveitando o contacontos ó que asistían os rapaces e rapazas do concello.

Aquí volo deixamos para que lle botedes un vistazo.

2, 3 e 4 de xaneiro: Rompe a Rutina

Miniatura Noticia
O ano empeza ofertándolles ós pequenos/as da casa a oportunidade de romper a rutina.
imaxe: conlosninosenlamochila.com

Ata as Casas Culturais chega un contacontos de Nadal co que poderán pasalo en grande.

Tamén visitará as nosas instalacións un Paxe dos Reis Magos, que recollerá as cartas de tódolos nenos e nenas que aínda non a teñan enviado.



Ven a túa Casa Cultural e participa!

CIBERFELICITACIÓNS

Miniatura Noticia
Os nenos e nenas do concello de Dumbría, recibiron a pasada semana a visita de Papá Noel.
Foi nas clases de informática, onde lles deixou unha mensaxe a todos e cada un dos asistentes.

Ademais, os nosos pequenos informáticos, elaboraron unhas tarxetas de felicitación que vos queren amosar.
Premede aquí para ver algunhas delas.

WE WISH YOU A MERRY CHRISTMAS

Miniatura Noticia
Iso nos din os nenos e nenas que acoden ás clases de inglés nas Casas Culturais do concello.
Esta semana estiveron aprendendo a cantar unha panxoliña e quixeron aproveitar para desexarnos



Feliz Nadal!

Grazas!

21 e 22 de decembro: Rompe a Rutina

Miniatura Noticia



Nova xornada con obradoiros de manualidades polas parroquias.

O venres, 21 tócalles ás parroquias de  Buxantes (a partir das 16.00 horas) e de Olveira (ás 19.00 horas).




O sábado, 22 ás 18.00 horas, podes asistir ó espectáculo de animación con area "O Señor das Dunas". Será no salón de actos do Albergue de peregrinos do Conco (Dumbría).

Participa!

14 e 15 de decembro: ROMPE A RUTINA

Miniatura Noticia
Este fin de semana seguimos a romper a rutina no concello de Dumbría con obradoiros de manualidades polas parroquias.

O venres, 14 será o turno de Berdeogas (a partir das 16.00 horas) e de Salgueiros (ás 19.00 horas).

O sábado, 15 podedes asistir ós obradoiros de Dumbría (a partir das 16.00 horas) e Ézaro (ás 19.00 horas).



Achegádevos, porque hai propostas para tódalas idades!