Ir o contido principal

DUMBRÍA SOA

Miniatura Noticia

Pequeno percorrido polos sons que se escoitan en @Dumbría.
Sons de música galega, sons de afección ó deporte, sons da natureza, dos pasos do Camiño de Santiago, sons en moitas linguas, ... e un dos sons máis prezados: o do silencio.

DUMBRÍA SOA!

Dumbría é son, é natureza, é deporte, é cultura, é música, é camiño, é silencio,...

DUMBRÍA É ÚNICA!

Roteiros guiados ó Monte Pindo. Información turística

Miniatura Noticia



O Centro de Interpretación das Rutas (CIR) do Monte Pindo e Fervenza do Ézaro 

estará aberto no seguinte horario: 

De LUNS a VENRES (agás os mércores): de 10:00 a 20:00h
SÁBADOS e DOMINGOS: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h

O CIR está situado na estrada Cee-Muros, á altura do desvío que leva á Fervenza, ós pantaláns e ó miradoiro.



Nel podedes atopar información de diferentes roteiros polo Monte Pindo:


- Roteiro do Castelo do Pedrullo
- Roteiro das Miradas do Atlántico
- Roteiro das Pegadas da Historia







Os MÉRCORES de xullo e agosto faranse subidas guiadas e gratuítas ó Monte Pindo. 


Este roteiro terá o punto de saída no CIR ás 09.00hPara participar, abonda con anotarse previamente no CIR.



O roteiro en cuestión é o denominado Pegadas da Historia:

parte do lugar do Fieiro, situado despois do encoro de Santa Uxía, pouco despois do miradoiro do Ézaro. 
Este itinerario é o máis cómodo e accesible para subir ó Monte Pindo.

Ascéndese por unha calzada de pedra ata o "Castelo de Peñafiel", no alto do cal atópase a "Cama da Fertilidade".
Outra parada interesante é a "Cova de Xoana", que atravesa o monte dun lado ó outro de maneira natural.





*Máis información: no CIR, en turismodumbria@gmail.com , no teléfono 

662 346 927 ou na 


Oficina de Información Turística do Ézaro, situada ó carón dos pantaláns e da Fervenza, e que ten novo horario:

 De LUNS a VENRES: de 10:00 a 20:00h
SÁBADOS e DOMINGOS: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h



Na Oficina de Turismo tamén podedes reservar a pista de pádel (6 turnos de luns a venres e 4 nas fins de semana). Podedes facer a reserva tamén a través do teléfono que figura máis arriba.

Dumbría é turismo!  Dumbría é paisaxe, natureza, imaxe, son,... 

DUMBRÍA É ÚNICA!

VERÁN DE LINGUAS

Miniatura Noticia


¿ Gustaríache que o teu fill@  aproveitara as vacacións de verán para seguir en contacto co inglés dun xeito dinámico e activo, case sen darse conta?.

 Ó longo deste verán, os nenos e nenas do concello de Dumbría poderán asistir a un taller infantil de lingua inglesa. 
Aprenderán inglés ó mesmo tempo que se divirten.


As sesións estarán dirixidas por profesorado nativo.

Este pretende ser un complemento ás actividades estivais que se desenvolven nas instalacións do Conco.


Os interesados aínda están a tempo de inscribirse!


Máis información nas oficinas municipais e nas casas culturais.

CHEGOU O VERÁN !

Miniatura Noticia
Hoxe, mércores, 26 de xuño, celebramos nas instalacións do Conco a Festa Fin de Curso 2013.
Participaron 85 nenos e nenas do concello, que puideron participar pola mañá de xogos grupais e pola tarde, ademais do primeiro chapuzón para dar por inaugurada a temporada estival, tamén aproveitaron para coñecer o funcionamento da sala de maquinaria da piscina e como se fai o mantemento diario da mesma.
Os rapaces e rapazas a partir dos 4 anos non esquezades que aínda estades a tempo de inscribirvos nas actividades de verán.
Levaranse a cabo no Conco e distribúense en 3 grandes bloques:
- actividades culturais: manualidades, cociña, animación á lectura, inglés, xogos de mesa ...
- actividades deportivas: iniciación e práctica de diversos deportes, xogos grupais para o tempo libre, ...
- cursos de natación.

Para apuntarse, debedes facelo nas oficinas municipais ou nas casas culturais.
Haberá servizo de autobuses que pasarán a recollervos polas parroquias.

APURADE!

EXPOSICIÓN MANUALIDADES 2013

Miniatura Noticia
Ata o venres, 28 de xuño, permanecerá aberta ó público a exposición dos traballos realizados nas clases de manualidades durante este curso 2012-2013.


A exposición ubícase no Centro Social de Dumbría (fronte ó Concello) e poderá visitarse de 9 a 14 horas (o sábado ata as 13 horas).

Estades todos invitados a pasarvos por aquí e admirar estas obras de arte feitas polos veciños e veciñas de tódalas parroquias de Dumbría.

Noite de cachelas, de agua, de prantas e sardiñas

Miniatura Noticia
Foto:Naturpixel

 
A noite máis máxica do ano estase achegando. Será o próximo 23 de xuño. Unha noite especial, chea de maxia: a noite das meigas, porque "habelashainas". 



Neste día  do solsticio de verán, a noite máis curta no Hemisferio Norte, encéndense grandes cacharelas sobre as cales a xente salta para purificarse, e nas que cada un "queima " todo o negativo que quere apartar da súa vida.




En #Dumbría haberá festa e cachelas en tódolos lugares para conmemorar o San Xoán, con festas en Berdeogas e Olveira  e tamén a  larada do Ézaro. 



Para os principiantes na fotografía que queiran inmortalizar o momento, e tratándose dunha das noites máis fotoxénicas do ano, deixámosvos algúns consellos para fotografar as cacharelas da man dos expertos Naturpixel.com:

1. Decide o lugar: baralla as túas posibilidades e escolle cal encaixará mellor na túa reportaxe fotográfica.


2. Planifícate: Pensa que forma lle queres dar á túa serie de fotos, como queres contalo a través de imaxes.


3. Vai con antelación. Non esperes ata que chegue a noite. Vai con tempo para coñecer o terreo, coller sitio e fotografar a evolución da festa. Tal vez encontres bos motivos fotográficos antes de que acendan o lume que che axudarán a contar mellor a túa historia, á vez que terás máis material para que a túa reportaxe fotográfica sexa máis completa.


4. Non te obsesións co flash. En fotos concretas pódelle dar un toque, mesmo podes usalo para facer fotos creativas coa cortina traseira, pero non esquezas que o suxeito principal da noite é o lume, e deixa que sexa o que ilumine a escena. Sube un pouco o ISO se fai falta, aprende a facer fotos escuras, e busca eses pequenos espazos iluminados con esa pouquiña luz cálida. Tamén podes subexpoñer un pouco, para que o lume colla ese toque alaranxado-avermellado en lugar de quedar branco.


5. Busca siluetas. É o que máis doado vas  atopaar cando a xente estea a rodear o lume. De tódolos xeitos, procura estar atento en momentos decisivos e non fotografar siluetas porque si. Primeiro observa, despois decide e finalmente dispara.


6. Busca diferentes encadres. Fai fotos xerais, despois busca detalles, cámbiate de lugar, mestúrate coa xente... fai que as túas fotos sexan o máis variadas posibles, mira coa mentalidade de coleccionar instantes coa túa cámara para logralo.


7. Arríscate. Confía na túa creatividade, observa moito, e finalmente seguro que encontras puntos de vista que só se che ocorreu a ti. Así é como conseguirás que as túas fotos sexan especiais.

 



E ...cales son os teus trucos para sacar unhas fotos inesquecibles nas cacharelas de San Xoán?

PANORAMICAMENTE FALANDO. Exposición fotográfica

Miniatura Noticia


A exposición  de Begoña Corbal, Panoramicamente Falando, recala agora no Centro de Interpretación de Rutas (CIR), do Ézaro, situado na Casa de Pedra.

Ata o 31 de agosto, poderase visitar esta exposición no seguinte horario:

de LUNS a VENRES (agás os mércores): de 10:00 a 20:00h
SÁBADOS e DOMINGOS: de 10:30 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h


Podedes ver máis do traballo de Begoña no seu blog: corbalfotografia.blogspot.com.es


corbalfotografia.blogspot.com.es

Guía Dossier turístico de Dumbría

Miniatura Noticia


Patrimonio, Naturaleza, Cultura, Costa da Morte, CIR, Turismo, Camino de Santiago, Rutas de Senderismo, 
El Poder del Agua, Fiestas y gastronomía, ocio, Comer&Dormir: 

21 páginas para redescubir  #DUMBRÍA


SOÑA NO NADAL. 6 - 7 decembro

Miniatura Noticia

Venres, 6 de decembro. 19.00 h.

Instalacións do CONCO (Dumbría)

TALÍA TEATRO

Pelos na Lingua

Humor e ironía para maiores de 12 anos.






Sábado, 7 de decembro. 19.00 h.


Casa Cultural de BUXANTES

CAYETANO LLEDÓ

Maxia para tódolos públicos.

SOÑA NO NADAL

Miniatura Noticia
Os meses de decembro e xaneiro veñen cargados de actividades para as casas culturais do concello de Dumbría.



Aquí che deixamos o documento que recolle día e hora de cada unha delas.

Anímate a participar! 

Soña no Nadal!