Ir o contido principal

Guía Dossier turístico de Dumbría

Miniatura Noticia


Patrimonio, Naturaleza, Cultura, Costa da Morte, CIR, Turismo, Camino de Santiago, Rutas de Senderismo, 
El Poder del Agua, Fiestas y gastronomía, ocio, Comer&Dormir: 

21 páginas para redescubir  #DUMBRÍA


SOÑA NO NADAL. 6 - 7 decembro

Miniatura Noticia

Venres, 6 de decembro. 19.00 h.

Instalacións do CONCO (Dumbría)

TALÍA TEATRO

Pelos na Lingua

Humor e ironía para maiores de 12 anos.






Sábado, 7 de decembro. 19.00 h.


Casa Cultural de BUXANTES

CAYETANO LLEDÓ

Maxia para tódolos públicos.

SOÑA NO NADAL

Miniatura Noticia
Os meses de decembro e xaneiro veñen cargados de actividades para as casas culturais do concello de Dumbría.



Aquí che deixamos o documento que recolle día e hora de cada unha delas.

Anímate a participar! 

Soña no Nadal!

Apps para aprender inglés

Miniatura Noticia
No Concello de Dumbría impartimos clases de inglés en tódolos centros culturais. Están dirixidas a nenos/as e pretenden ser unha ferramenta de apoio educativo e de reforzo da aprendizaxe do idioma. 


Pero os pais e nais tamén temos un papel moi importante nesa aprendizaxe e podemos facilitarlles ferramentas para que esta se produza dun xeito fluído e natural. 

Desde a configuración do televisor para ver as películas en versión orixinal ou os debuxos animados en inglés (Clan in English) ata as aplicacións para móbiles que se poden descargar de maneira gratuíta nos móbiles ou tablets. O uso das tabletas entre os máis pequenos estendeuse gracias á venda de dispositivos con deseños que inclúen os seus personaxes de televisión ou debuxos animados preferidos. 
Os verbos, as cores, os números, o abecedario e ata a pronunciación, son aspectos que os nenos poden aprender de maneira natural en inglés a través das aplicacións.

Pili Pop é unha app dirixida a nenos/as a partir de 6 anos. Mediante un sistema de recoñecemento de voz, esta aplicación avalía a pronunciación dos pequenos e axúdalles a perfeccionala. Dispón  de xogos ambientados en diferentes países para traballar distintos conceptos e mellorar a comprensión .

Wood Puzzles Collection combina o xogo coa aprendizaxe, neste caso de novas palabras. Os crebacabezas son o medio elixido para descubrir dun modo intuitivo os nomes de letras, animais, profesións, ou medios de transporte.

Os libros para nenos/as MeeGenius son  contos en inglés para pais, nais e fillos/as, onde se lles pode ler os contos e, de paso, mellorar o seu dominio do idioma. A app está dirixida a nenos/as de 0 a 8 anos e os contos teñen ilustracións coloridas, textos sinxelos e palabras destacadas. 

Outra opción é Playtales Gold con contos clásicos e personaxes actuais como Pocoyó.

CandyCount céntrase nas cores e nos números, dous conceptos básicos cos que poden aprender inglés. O seu principal atractivo reside en que para aprender, recurren a caramelos... Así eles gozan dos doces sen consumilos nin mancharse.

Colouring Book  é unha app composta por debuxos que os nenos/as han de colorear.



SEGURIDADE VIAL

Miniatura Noticia
O martes, 3 de decembro, ás 19.00 horas, nas Instalacións do Conco (Dumbría), un axente de tráfico impartirá unha charla incluída dentro da Campaña autonómica específica para Peóns, da Dirección Xeral de Tráfico.

 Abordaranse temas relacionados coa seguridade dos peóns nas vías públicas.

 Para ter previsión do número de asistentes, é necesario inscribirse nas Oficinas Municipais, teléfono 981 744 001, en horario de 8 a 15 horas.

 Todos os asistentes recibirán como agasallo un chaleco reflectante.

SOÑA NO NADAL. Venres, 3 xaneiro

Miniatura Noticia
 O venres, 3 de xaneiro ás 17.00 h. nas Instalacións do Conco, estades todos e todas invitados a participar no taller Cantámosche os Reis, enmarcado no programa Nadal en Rede, da S.X. Política Lingüística.

Pablo Díaz e Olga Kirk difundirán cancións en galego propias destas festas e animarán a todos os axistentes a recuperaren a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Vide participar neste obradoiro de cantos de Nadal!

Sen límites de idade. Para todos os públicos.





DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Visita do Paxe Real

Miniatura Noticia
O xoves, 2 de xaneiro, un Paxe Real visitará terras dumbriesas.

Deixámosvos aquí os horarios nos que os máis cativos poderedes atopalo na vosa Casa Cultural:

16.00 h. Ézaro (Casa de Pedra)

17.00 h. Buxantes

18.00 h. Olveira

19.00 h. Berdeogas

20.00 h. O Conco




Traédelle as vosas cartas e el levaraas directamente ó Palacio Real de Oriente sen demora.

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Sábado, 28 decembro

Miniatura Noticia
O sábado 28, ás 19.00 horas a maxia agarda por ti na Casa Cultural de Berdeogas.
A cita será co Mago Noel, co espectáculo Que Curioso!, un espectáculo de maxia moi participativo, colorido e divertido.
Combinando numerosas técnicas circenses e teatrais, demostratndo que a prestidixitación, os malabares, o humor, a música e a poesía crean por si mesmos un espazo de comunicación xenunino entre mago e público.


QUE CURIOSO, un espectáculo para soñar!


*Esta actuación substitúe á programada inicialmente co mago Cayetano LLedó, que por motivos alleos ó Concello non pode acudir á cita programada.

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!

SOÑA NO NADAL. Talleres Infantiles de Manualidades

Miniatura Noticia
Aquí vos deixamos ós máis peques da casa os horarios dos talleres infantiles de manualidades deste Nadal.

Luns, 23 decembro:
16.00 h. Berdeogas (casa cultural)
18.30 h. Salgueiros (local social de Bustelo)

Venres, 27 decembro:
16.00 h. Olveira (casa cultural)
18.30 h. Buxantes (casa cultural)

Luns, 30 decembro:
16.00 h. Dumbría (Instalacións do Conco)
18.30 h. Ézaro (enriba da antiga unitaria)

DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!