Pasar al contenido principal

Concello de Dumbría é un municipio extenso que se distribúe en sete parroquias: Santiago de BerdeogasSan Pedro de BuxantesSanta Baia de DumbríaSanta Uxía do ÉzaroSan Martiño de OlveiraSantiago de Olveiroa e San Mamede de Salgueiros.

A pesares de seren 7 as parroquias do concello, conta con 10 santuarios relixiosos repartidos polo seu territorio.

Toda unha “experiencia relixiosa” como diría Enrique Iglesias

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

Unha boa parte da historia do Concello de Dumbría pódese reconstruir a través dos seus restos arqueolóxicos achados nas terras das sete parroquias que o compoñen.

Se nos remontamos aos primeiros habitantes, estes eran de orixe “celta”, que se asentaron en lugares protexidos, principalmente nas beiras dos ríos ou nos cumios das montañas.

Algúns estudiosos afirman que o topónimo “DUMBRÍA” procede da combinación de palabras “DUM-BRIGA”, de orixe prerromana e que significa “poboado en altura”.

#DumbríaéCultura #DumbríaéHistoria #DumbríaéArqueoloxía

O contido da expresión “patrimonio cultural” cambiou moito nestas últimas décadas debido, en parte, aos instrumentos elaborados pola UNESCO. O patrimonio cultural non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senon que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos ancestros e transmitidas aos nosos descendentes; tales como: tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e ao universo, así como os saberes e as técnicas vencellados á artesanía tradicional.

Pese á súa fraxilidade, o patrimonio cultural inmaterial é un importante factor do mantemento da diversidade cultural fronte á crecente globalización. A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara outros modos de vida.

Fonte: UNESCO (Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura) – Patrimonio Cultural Inmaterial.

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

Primeiro cabe falar do termo etnografía consistente no método de estudo ou investigación social empregado pola antropoloxía, na que se observan prácticas culturais de grupos sociais, que dan conta das súas tradicións e culturas.

As distintas construccións do mundo popular no Concello de Dumbría sitúanse, por regra xeral, arredor das rúas, conformando así núcleos de poboación longos, seguindo os sinuosos camiños que discorren por estas terras.

Pois sobre isto versa este apartado, o estudo de elementos como cruceiros, muíños, fontes, pombais, hórreos,… no termo municipal de Dumbría.

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

É ampla a oferta patrimonial de carácter civil no Concello de Dumbría, destacando entre os princiapais fitos as casas antigas, as pontes, as centrais hidroeléctricas,…

Toda unha oferta diferente para gozar unha vez máis deste concello!

#DumbríaéPatrimonio #DumbríaéTurismo

As instalacións deportivas Municipais do Conco en Dumbría, son un referente a nivel Comarcal e Autonómico, non só por ser boas e axeitadas, se non tamén pola súa actividade diaria.

Deporte preto da túa casa.

 

> Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría

  • Campo de fútbol de herba sintética con medidas de 105/60m.
  • Piscina descuberta con medidas de 25/125m.
  • Ximnasio municipal
  • Polideportivo Municipal
  • Sala de actividades dirixidas
  • Sala de ciclo indoor
  • Sala de Crossfit
  • 6 vestiarios
  • Circuito de ciclo cross
  • Cafetería

> Campo de Slalom Olímpico do Couquiño en Olveira.

> Ximnasio Municipal de Olveira.

> Pista de padel do Ézaro.

> Pistas polideportivas descubertas en todas as Parroquias do Concello.

> De forma eventual nos meses de xullo e agosto a praia do Ézaro dispón de 3 campos de volei praia.

> Piscina municipal

  • A piscina municipal está situada no Conco, Dumbría, e está a disposición da veciñanza durante os meses de verán no seguinte horario:
  • De luns a sábado: de 16:00 a 20:00h

Ademáis das actividades deportivas que Dumbría ofrece ao longo de todo o ano, tamén temos eventos anuais que xa son un clásico e un referente na Costa da Morte, son eventos a nivel nacional e internacional do mundo do deporte. Pensados para todos.

Andaina

Ruta Cicloturista BTT

Campionatos de Pesca

Carreira Popular: 26/05/2018

Memorial Manuel Andujar: 09/06/2018

Gran Fondo Ézaro: 08/07/2018

30º Campionato de España Xuvenil e Junior de Salvamento Deportivo. 14-15/07/2018

Deporcampus Dumbría. 16-20/07/2018

Campionato Cadete de España de Volei Praia. 27-29 /07/2018

Campionato Galego de Volei Praia. 4-5/08/2018

Campionato Galego de Promoción de Slalom En Augas Bravas. 12/08/2018

Campionato Galego de Slalom Olímpico. 02/09/2018

27º Campionato de España de Salvamento Deportivo. 22-23/09/2018

Ao longo de todo o ano, Dumbría te ofrece unha ampla variedade de actividades de carácter deportivo para que elixas a que mellor se adapte ás túas necesidades e horarios. Desfruta do deporte durante os 365 días do ano.

> XIMNASIA DE MANTEMENTO.

> ZUMBA.

> FÚTBOL.

> VOLEIBOL.

> CICLISMO.

> PIRAGÜISMO.

> ACTIVIDADES DIRIXIDAS DUMBRÍA-DAFIT.

Instalacións deportivas do Conco.

Ximnasia de Mantemento.

Berdeogas
Luns 19:30 h

Olveira
Martes 20:00 h

Dumbría
Xoves 18:45 h

Buxantes
Luns 19:30 

O Ézaro
Mércores 19:45 h

Zumba

O Ézaro
Luns 20:45 h

Berdeogas
Mércores 19:30 h

Olveira
Xoves 20:00 h

Dumbría
Martes 18:45 h

Buxantes
Xoves 21:00 h

Fútbol

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
De luns a venres entrenos para as diferentes categorías, no campo de fútbol do Conco en horarios entre as 18:00h ata 21:00h.

Voleibol

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
Adestramentos os mércores e venres en horario de 18,00 a 19,30h.

Ciclismo

Polideportivo Municipal do Conco - Dumbría
Adestramentos da escola de ciclismo os sábados en horario de 10:45h a 12:30h.

Piragüismo

Encoro de Santa Uxía
Adestramentos de martes a sábados dependendo do caudal do rio.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS DUMBRÍA-DAFIT

Pilates
Luns e mércores de 20,00h a 20:45 h

Ciclo Indoor
Luns de 20:15 e as 21,:15 h
Mércores as 20:15 e as 21:15 h
Xoves as 19:30h.

Zumba
Mércores as 21:15 h

O.C.R
Luns e mércores as 21:15 h

Tonificación
Martes e xoves as 21:00 h

Conco-BOX
Martes e xoves a partir das 21:00 h

Gap
Martes e xoves as 19:30 h

Kick boxing
Martes e xoves de 19:30 h a 21:00 h