Ir o contido principal

Servizo de Asistencia Social de Dumbría
981744001

O certame literario TERRITORIO VÁKNER ten 2 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬⤵

🐺✍️👨 𝐈𝐕 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗥𝗘𝗟𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (adultos)

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: maiores de 16 anos.
𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ á Delegación de La Voz de Galicia, rúa Gran Vía, 84, 1º. 15100 Carballo.
𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
📜 Tres primeiros relatos seleccionados: diploma e peza distintiva.
🥇 1º premio: 2.000€
🥈 2º premio: 1.000€

🐺✍️🚸 𝐕 𝗘𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗢𝗡𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗠𝗜𝗦𝗧𝗘𝗥𝗜𝗢 𝗡𝗢 𝗖𝗔𝗠𝗜𝗡̃𝗢 (escolar)

𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀: 2 categorías⤵
🎒 Alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía, e mais os de Carnota e Vimianzo por estar escolarizados alí nenas/os de Dumbría
📁 Alumnado na ESO dos colexios polos que transcorre o Camiño de Fisterra e Muxía, e mais os de Carnota e Vimianzo por estar escolarizados alí nenas/os de Dumbría
𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀/𝗲𝗻𝘃𝗶́𝗼 𝘁𝗲𝘅𝘁𝗼𝘀: a̲t̲a̲ o̲ 1̲5̲ d̲e̲ o̲u̲t̲u̲b̲r̲o̲ a eventos.carballo@lavoz.es
𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼𝘀:
🥇 750€ para o colexio ao que pertenza a persoa gañadora de cada categoría
📜 Cinco relatos seleccionados: diplomas
🎁 3 primeiros: obsequio

𝗕𝗮𝘀𝗲𝘀 ⤵
https://drive.google.com/drive/folders/1gXQNXuD-i3zLtYIlmEU8VtTWChLkQn_C?usp=drive_link

#TerritorioVákner #Vákner #CamiñoFisterraMuxía #CostadaMorte #DumbríaéCamiño #DumbríaéCultura #Dumbría La Voz de Galicia RadioVoz

Galería de imaxes

Ampliación do Servizo de Axuda no Fogar

Miniatura Noticia

POS+ ADICIONAL 1/2024

GASTOS EXTRAORDINARIOS 2024

Mediante a participación do concello de Dumbría no POS+ Adicional 1/2024 da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios 2024, ampliouse o servizo de axuda no fogar, tanto nas atencións de carácter básico como nas actuacións de carácter complementario.

Importe financiado coa axuda provincial: 69.311,63 €

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001

 

ABRIL DE LIBROS NAS BIBLIOTECAS DE DUMBRÍA 2025

Miniatura Noticia

📖✨ 𝗔𝗕𝗥𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗜𝗕𝗥𝗢𝗦 · 𝗕𝗜𝗕𝗟𝗜𝗢𝗧𝗘𝗖𝗔𝗦 𝗗𝗘 𝗗𝗨𝗠𝗕𝗥𝗜́𝗔

Contacontos, música, títeres, ciencia, manualidades… Un bo feixe de actividades culturais para gozar das Casas de Cultura do Concello de Dumbría e celebrar xuntos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

Arrancamos o 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐚𝐧𝐚 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚 organizando distintos obradoiros de animación á lectura. Nesa mesma semana, as cinco bibliotecas acollen tamén obradoiros de manualidades con madeira, coa temática da Pascua, a cargo de Muxiarte. (Plan 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞𝐬. Consellería de Política Social e Igualdade. Xunta de Galicia).

E continuamos co 𝐀𝐛𝐫𝐢𝐥 𝐝𝐞 𝐋𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 con novas actividades que chegan ás nosas bibliotecas a través do programa 𝐋𝐞𝐫 𝐂𝐨𝐧𝐭𝐚 𝐌𝐨𝐢𝐭𝐨, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A maiores, o mércores 23, Lydia Botana visitará a biblioteca do Conco para celebrar Día Mundial do Libro e o dereito de autor, grazas á programación do Departamento de 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐃𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐮𝐧̃𝐚.

Nas nosas bibliotecas tes, tamén, ao teu dispor milleiros de libros.

Entra visitarnos e bótalle un ollo!

#Dumbría #DumbríaéCultura #BibliotecasdeDumbría #LerContaMoito #RedeBibliotecasPúblicasGalicia #AbrilDeLibros #Corresponsables #PlanCorresponsables #conciliación #igualdade #culturadadeputacióndacoruña #XuntadeGalicia #Igualdade

Galería de imaxes

EVENTOS CULTURAIS E DEPORTIVOS XULLO 2025

Miniatura Noticia

INSTALACIÓNS MUNICIPAIS VERÁN 2025. HORARIOS

Miniatura Noticia

PLAN ÚNICO CONCELLOS POS+ ADICIONAL 2/2024

Miniatura Noticia

Reparacións na piscina municipal de Dumbría

DESCRICIÓN DAS OBRAS

Realizouse a substitución da electrobomba existente por 2 electrobombas de 7,5 Kw de potencia, caudal máximo de 150 m³/h para unha presión de 10 m.c.a, cada unha.

Por outra parte realizouse a impermeabilización da piscina, nunha superficie de 425 m², con plaquetas cerámicas ou gresite sobre un morteiro impermeabilizante cor gris cemento.

Posteriormente levouse a cabo o revestimento con unha membrana armada en 3D, de 2 mm de espesor.

Finalmente executouse un repaso de pezas de bordo de piscina reparando e substituindo as pezas necesarias.

 

PRESUPOSTO

Presuposto Base de Licitación (sen IVE): 86.320,00 €

 

PRAZO DE EXECUCIÓN: 3 meses

 

DATOS ECONÓMICOS:

Orzamento de contrata (IVE incluido): 104.447,20 €

Orzamento de adxudicación (IVE incluido): 102.358,26 €

 

FINANCIAMENTO: Achega Provincial 102.358,26 €

XXIII FESTA DA FAMILIA 2025!!!

Miniatura Noticia

Estimadas veciñas e veciños:

O vindeiro 20 de xullo, na Carballeira de Berdeogas, temos a cita máis importante do ano, volveremos xuntarnos todos os veciños e amigos de Dumbría na FESTA DA FAMILIA.

Quero convidarvos a todos a participar e a gozar desta gran festa e fermosa xuntanza.. Unha festa moi querida e especial polo que representa, onde as presentacións sobran, xa que o espírito desta gran romaría familiar, levámolo no noso corazón coma a nosa identidade.

Coma tódolos anos, desexo vervos a todos coa mesma ilusión e gañas de compartir esta xuntanza, onde todo o mundo é benvido.

Dumbría, unha gran familia.

Un saúdo e boa festa a todos.

 

Raúl González Lado Alcalde de Dumbría

 

PROGRAMA

> SESIÓN VERMÚ: coa Orquestra “GALILEA”

> XOGOS INFANTÍS

> XANTAR NA CARBALLEIRA

> PULPERÍA ALEJANDRA SALINAS, na que se poderán comprar diversas racións: pulpo á feira, churrasco, criollos...

 

ACTUACIÓNS

> Charanga O RUMBO

> Grupo de gaitas da Asociación Cultural Longarela

> A partir das 18:00 horas “Orquestras GALILEA e CUARTA CALLE”

No concello non se dispensarán tickets, SÓ SE RESERVARÁ A MESA "Poderase reservar mesa nas oficinas municipais, ata do día 16 de xullo".