Andaina. Polo río Albarellos
🗓️ Sábado 17 de maio de 2026
REGULAMENTO PARA A PARTICIPACIÓN:
🚗 A andaina será CIRCULAR
As persoas participantes deberán desprazarse nos seus vehículos ata a praza de Berdeogas
A andaina arrancará ás 9:30 h
- Domingo 17de maio de 2026
- Saída ás 9:30 h
- Distancia: aprox. 15 km
- Dificultade técnica: moderada
- Percorrido da andaina: Praza de Berdeogas - Chan das Lagoas - presa da Laxe - carballeira de Berdeogas
- Altitude máxima: 530 m (s.n.m.)
As persoas participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.
As persoas participantes deberán atoparse en bo estado de saúde, non recomendándose a participación de persoas con patoloxías que desaconsellen este tipo de actividade.
Deberase camiñar entre o guía que encabeza a andaina e o que vai pechando a mesma. Non se poderá adiantar en ningún momento ao guía que abre a marcha, prohibíndose, por seguridade, saír do percorrido sinalado polo mesmo.
O ritmo da ruta adaptarase, de maneira que permita a todas as persoas participantes a realización da mesma.
Poderanse levar a cabo reagrupamentos se a organización o considera oportuno.
Os menores de idade deben ir acompañados dunha persoa adulta e con autorización dun proxenitor ou titor legal.
No caso de abandono voluntario por parte da persoa participante, este debe ser comunicado á organización.
A actividade conta cun seguro de accidentes. As persoas participantes teñen a obriga de comunicar á organización calquera incidente ou contratempo sufrido no percorrido da andaina ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.
As persoas participantes comprométense a non deixar lixo abandonado ao longo do percorrido.
As mascotas están permitidas sempre e cando vaian coa correa posta.
O Concello poderá suspender a actividade se as condicións meteorolóxicas fosen adversas, ou por calquera outra causa que puidese afectar ao desenvolvemento da mesma. Así mesmo, a organización poderá modificar o percorrido se considera que supón algún tipo de risco para o grupo.
As inscricións realizaranse a través do formulario en liña.
Esta actividade ten un número limitado de prazas.
Avituallamento: o Concello facilitará gratuitamente un avituallamento sólido e líquido (auga, froita, ...) aproximadamente á metade do percorrido.
Consellos para as persoas participantes:
- Levar teléfono móbil e coa batería cargada
- Levar roupa e calzado axeitado de acordo ao terreo e á climatoloxía
- No caso de sufrir alerxias a picaduras de insectos, pole ou vexetación, a persoa participante debe telo previsto
- Usar crema de protección solar
- Levar gorra
- Recoméndase beber ao longo de todo o percorrido (auga, bebida isotónica,...)